6 meses de espera para unha ecografía
Unha nova queixa da CIG-Saúde sobre o Centro de Saúde de Carballo. Ademais de levar 14 meses sen pediatra, xa o pasado mes de agosto alertaban das grandes colas que sofren os veciños. Hoxe o sindicato trae cifras, de como as ecografías seguen facéndose só un día á semana (os venres), e a lista de espera supera os 6 meses.
Denuncian así “as graves carencias no servizo de Ecografías no Centro de Especialidades de Carballo e as grandes listas de espera que existen nesta e noutras especialidades”. Cómpre lembrar que estamos a falar dun Centro de Especialidades no que se atenden pacientes dos 7 concellos da comarca de Bergantiños, cunha poboación cercana aos 70.000 habitantes.
Ademais, “non todo tipo de ecografías se poden facer en Carballo, xa que o ecógrafo que se utiliza é un prestado do Centro de Atención Primaria que non ten as mesmas prestacións que os ecógrafos que se utilizan en especialidades. De feito, as únicas ecografías que non se poden ver no programa informático que se utiliza nos hospitais e centros de especialidades son as que se realizan no Centro de Especialidades de Carballo, xa que non o permite o ecógrafo. Ou sexa, que calquera paciente que teña que acudir por urxencias ao hospital e fixera unha ecografía no Centro de Especialidades de Carballo, os médicos do hospital non poderán ver esa ecografía cando accedan á historia clínica informatizada”, sinala.
Por iso, desde CIG-Saúde queren “denunciar unha vez máis a discriminación da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña respecto dos veciños e as veciñas da comarca de Bergantiños, comarca por certo da que é orixinario o Xerente da Área”. A proba está en que cada vez se están derivando máis pacientes para A Coruña nalgunhas especialidades, como por exemplo en Xinecoloxía.
Novas relacionadas
- 06-02-15: 14 meses sen pediatra en Carballo.
- 28-11-14: Máis dun ano sen pediatra en Carballo.
- Denuncia de novo a discriminación da Área Sanitaria da Coruña coa veciñanza de Bergantiños.
- Tras conseguir a base de loita o primeiro, por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.
- 1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión.
- As colas aumentan no Centro de Saúde de Carballo.
- A falta de substitucións aumentan as listas de espera no centro de saúde de Carballo.
- A CIG alerta ante ao posible desmantelamento das especialidades no Centro de Saúde carballés.
- A privatización do Sergas.
Fonte
- Nota de prensa de CIG Saúde.