Alejandra Plaza percorre, conto a conto, o Camiño polas escolas de Bergantiños dende Alemaña

Alejandra Plaza contando un conto nas escolas de Bergantinos
Alejandra Plaza contando un conto nas escolas de Bergantinos

Despois dun ano complicado pola situación que nos rodea volve Alejandra Plaza e os seus contacontos á carga de maneira virtual. Faino cun conto moi especial creado para a ocasión, vinculando o Entroido co Camiño de Santiago, pensado para espallar por toda a península.

De feito, ao longo da semana vivirán o conto, a través da pantalla, máis de 200 nen@s de varios coles de Bergantiños, pero tamén de Almería.

O luns comezou coa cativada das Unitarias de Mens, Campara, Barizo, Brantuas, CRA Nosa señora do Faro, entre Malpica e Ponteceso. O martes foi tempo de achegarse ata Ponteceso, cos peques das escolas de Tallo, Tella, Xornes, Neaño, Pazos. O mércores e venres tocou nas Revoltas de Cabana, e o xoves vaise ata a outra punta da península, ata El Puntal de Bedar, en Almería.

A xornada de contacontos estivo moi ben artellada e coordinada cas mestras, pois os nenos xa levaban uns días traballando arredor do Camiño, e mesmo se disfrazaron de peregrinos, para rematar o conto, e ademais pechar o círculo e participar no proxecto de embaixada.gal “Todos os Camiños levan a Galicia”.

A interactuación é fundamental nestas sesións da nosa embaixadora cabanesa, como o demostra o proxecto de camiños e corredoiras que a cativada da comarca percorreu a base de contos e cantigas non coa música de Uxía Lambona e a Banda Molona e o seu recente éxito de "Martiño Peregrín”.

Novas da diáspora