As Rutas Arqueolóxicas chegan a Muros e Cabana

Interesante a proposta que nos chegan dende a empresa de nova creación GaliPat Servizos Culturais. Unhas actividades que contan coa colaboración de Xurxo Ayán e Manuel Santos, e que consisten en varias rutas arqueolóxicas sobre arte rupestre no concello de Muros, e sobre castros en Cabana de Bergantiños.

Así, estas primeiras actividades divulgativas sobre Patrimonio Arqueolóxico serán os días 25 e 26 de outubro e 1 e 2 de novembro. Esas fins de semana os participantes poderán disfrutar dunha actividade divulgativa sobre arte rupestre ao pé dos petróglifos de Laxe das Rodas e Cova da Bruxa no concello de Muros. A actividade será monitorizada polo Doutor en Arqueoloxía Manuel Santos Estévez que achegará aos participantes ás distintas temáticas do mundo da arte rupestre.

Por outra banda, os días 27 de outubro e 3 de novembro, Xurxo M. Ayán Vila, Doutor e especialista en mundo castrexo, encargarase de monitorizar as visitas aos castros de Borneiro en Cabana de Bergantiños.

Xa poden facer as súas reservas no correo electrónico reservas@galipat.es ou no teléfono 660 468 394.

Novas relacionadas

Fonte