O Castro de Mallou abriuse aos veciños nun novo exemplo de arqueoloxía social


Menudo exemplo de arqueoloxía social máis espectacular a que vivíu o Castro de Mallou durante este mes de xullo. Arqueoloxía de primeiro nivel e para todos os públicos, reincidindo na revolución comezaba o pasado verán no Proxecto Torre dos Mouros.
O equipo multidisciplinar e voluntario, coordinado por Antón Malde no Castro de Mallou, no alto de Lira, recibíu durante esta pasada fin de semana, a visita de máis dun cento de voluntarios e veciños curiosos, ávidos por coñecer como vivían os nosos ancestros hai 3.000 anos.

Unha excavación que comezaba a comezos de xullo e que recupera os traballos realizados no 2007, coa intención de seguir indagando no noso pasado. En tempo real, e a través das rrss e o Youtube puidemos seguir dende todo o mundo, gracias ao bo traballo do equipo de comunicación, dirixido por Xurxo Salgado, de GC e Manuel Gago.
Ademais das conclusións científicas-históricas, nas que agora traballan os especialistas, (que de seguro volverán o verán que vén contando con algo máis dos 5.000€ que puxo o Concello desta volta) unha das cousas máis representativas deste proxecto é a implicación dos veciños de Carnota, e de toda Galicia. Os pequenos aboiando co tema audiovisual, e os maiores coas orellas completamente abertas escoitando lendas, hipóteses... e deixando escapar a imaxinación. Todos, xa enganchados e tremendamente ilusionados coa arqueloxía, coa cultura.

Unha das accións máis simbólicas foi a reprodución da pedra do porquiño, por parte do escultor Marcos Escudero. Xa vimos o outro día a historia do porquiño da man de “O Cañón”, ao parecer o primeiro ser mitoloxico de Mallou, e da cal unha escultura mítica fora roubada da casa dun particular non hai moito.
Houbo tempo para os máis pequenos. Foi Soledad Felloza, como fixera o verán pasado na Torreo dos Mouros, a que puxo a historia en clave de conto para que os nenos que se achegaron polo Castro deixaran correr a súa imaxinación imaxinando aqueles seres que hai milleiros de anos habitaban as terras que agora eles disfrutan.
E pola noite, esta fin de semana, houbo tempo para a cultura. Carme Gallego e César Loureiro, que tocan zanfoña, violín e niquelharpa, realizaron un dos concertos máis fermosos que se recordan na redonda, aló enriba, no simbólico espazo histórico do Castro de Mallou.

Un proxectil
E en clave de youtube, imos coñecendo un pouco como foi a excavación. Este é o director, Antón Malde, que utiliza unha bala de principios do século XIX para demostrar que a estrutura 5B podía estar na actual situación xa hai douscentos anos. O proxectil demostra tamén que o castro foi utilizado ao longo do tempo, ben como espazo de habitación, ben como canteira de pedra:
Nova estrutura
Jano e Jordi, un dos veciños locais máis implicados e un dos culpables de toda esta revolución arqueolóxica, explican o que están atopando nunha nova cata aberta no castro, entre a porta de entrada e o alxibe e no que están aparecendo numerosos pedazos de escoria:
Espazo antropolóxico
Hai espazo para as lendas. Miguel Losada e Rafa Quintía nos falan da fermosa cova da meiga. Un espazo a só 200 metros do castro de Mallou cheo de lendas e de mitos. Entramos con eles neste fermoso espazo... e falando da Raínha Lupa, da que xa nos falaba Pepe do Fieiro:
E este é Santiago Llecha é un voluntario de Santiago de Compostela, pero adoptado polo concello de Carnota, que tamén nos fala das faciandas da Raínha Lupa dende a pedra das 7 cabezas:
Máis información
Máis novas
- O Castro de Mallou xa vive.
- O Castro de Mallou, o novo Proxecto dos Mouros.
- Carnota repetirá viaxe de Castros a Castelos tralo rotundo éxito das Xornadas.
- Fósiles no Monte Pindo?.
- A antoloxía poética do Monte Pindo trae xa os seus versos do Olimpo.
- Herdeiros pola Forza: O patrimonio volve ás mans da cidadanía.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
- Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…".
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).