Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo

Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo

Rematou a primeira fase deste revolucionario proxecto arqueolóxico da Torre dos Mouros. Un proxecto que partiu dun inocente achádego de dous veciños exploradores da zona, e que da man dalgún dos mellores divulgadores de Galicia espallouse coma o vento.

Un mes de traballos de desbroce e limpeza por parte dos veciños máis comprometidos de Carnota. E outro mes no que centos de arqueólogos de todo o país cambiaron o xeito de facer arqueoloxía. Sen orzamento, a base de voluntariado e só co sorprendente apoio municipal a un proxecto coma este, a arqueoloxía volve ser da xente e para a xente.

"E agora que?", preguntarase o outro. A cousa non queda aquí, iso seguro. O mes de traballo voluntario de todos estes profesionais e especialistas multidisplinares permite agora un tempo de investigación.

Polo de pronto veñen de sacar unhas Conclusións de "urxencia" da primeira campaña. En setembro farán unha exposición pública con todo o colleitado. Polo de pronto xa están a deseñar, xunto co Concello, a estratexia do futuro, visto o interese e espectacularidade do xacemento. Pero polo de pronto imos avanzando algunhas das máis interesantes, separadas entre Conclusións Arqueolóxicas, Sociaies,d e Comunicación e Turísticas:

  • Arqueolóxica: Comprobada a existencia dun sitio arqueolóxico de gran tamaño e carácter defensivo e confirmou a existencia de estruturas antigas no interior do recinto. As dimensións do recinto convérteno nun dos sitios arqueolóxicos de maior estensión do litoral sur da Costa da Morte.
  • Social: A arqueoloxía social e pública en Galicia é perfectamente posible, e revélase como un poderoso instrumento na man de axentes, entidades e colectivos para fomentar o coñecemento e a protección do patrimonio local.
  • Social: Unha das claves do éxito do proxecto Torre dos Mouros é o de sacar a acción fóra do espazo de traballo no alto do monte. Neste sentido, tanto as Barferencias como os obradoiros con nenos. Outra das claves é a de non tratar á comunidade local unicamente como receptora da acción, senón como membros e protagonistas da engranaxe interna do proxecto.
  • Comunicación: O Proxecto Torre dos Mouros foi, probablemente, unha das primeiras intervencións arqueolóxicas en Europa en contar cun equipo de xornalistas «empotrados» no equipo.
  • Turística: Torre dos Mouros espertou un grande interese social e ten potencial para constituirse como un atractivo turístico importante na zona podendo incluso arrastrar á xente que se achega a Carnota con outras motivacións como facer un turismo de “sol e Praia”.

Divulgación

Os traballos serguirán moitos novos camiños. Se xa vimos varias formas de divulgación como as Barferencias arqueolóxicas ata as sesión de contos para os nenos, en breve sairán novas.

Como a proposta de Manuel Cráneo, que levará ao comic o que podería ser un poboado tal e como o están a imaxinar os especialistas, a pesar de que aínda non teñen clara a idade na que nos movemos.

Implicación da zona

Unha das meirandes vitorias, polo de pronto, deste proxecto, é a incidencia na veciñanza. Nos grandes nos bares e nos pequenos a través dos contos, como dicimos. I é que no proxecto hai xente da casa moi implicada, pero tamén xente de fóra, como Xurxo Ayán, que asegura que "a comunidade local está vendo o impacto que pode ter un patrimonio que eles consideran que é de seu":

E non queremos esquecer a esa xente da casa que fai posible todo isto a base do traballo de intendencia:

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

Comentarios