Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O BNG de Cabana propón becas educativas

Casa do Concello de Cabana
O BNG de Cabana propón becas educativas

Vai ter orzamento o Concello de Cabana, segundo anunciou o grupo de goberno. No seguinte pleno terá que debaterse ademais unha moción do BNG para a dotación dun prograa de becas de estudios para diferentes etapas educativas.

Entede o BNG que “a situación socioeconómica do noso Concello, a dispersión territorial e o despoboamento fan preciso que desde as administracións públicas se tomen cantas medidas sexan precisas para facilitar a vida e o asentamento de poboación en Cabana de Bergantiños. Neste senso vimos detectando os problemas que teñen moitas familias para ofrecer unha formación académica de calidade ás súas fillas e fillos, tanto nas etapas de ensino obrigatorio como nas postobrigatorias”.

”Isto vese acentuado por un lado, pola suba do custo da vida que a todos nos afecta e, por outro, polo continuo recorte de servizos educativos por parte da Administración autonómica coa desculpa, certa, de diminución do número de alumnos”. Neste senso, no canto de aproveitar para mellorar a calidade do servizo cunha diminución de rateos, aumento e abaratamento das bolsas de comedor escolar e atención á singularidade das familias que viven nas aldeas galegas, a Xunta de Galicia toma medidas que dificultan que mozas e mozos podan continuar os seus estudos”.

Por iso, proporán un programa de bosas de estudo para educación infantil, Primaria, ESO, FP e Bacharelato, para familias con menos recursos económicos, que conte unha partida de 50.000€.

Comentarios