Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Diverescola de Íntegro chega ás escolas unitarias de Traba e Torrexallóns

Diversiescola de Integro en Laxe
A Diverescola de Íntegro chega ás escolas unitarias de Traba e Torrexallóns

Un total de 15 nenos e nenas das escolas unitarias de Torrexallóns e Traba de Laxe aprenderon ao máximo nunha nova xornada de sensibilización posta en marcha pola asociación Íntegro. Nesta ocasión, foi a través da Diversescola, unha iniciativa do programa Capacíta-T para achegar aos máis cativos e cativas da Costa da Morte a diversidade e a inclusión a través do xogo e o entretemento.

Dada a curta idade do alumnado, a actividade centrouse exclusivamente na representación dun “contaconto guiado”, que logrou atraer o interese e a participación da cativada, tanto na escenificación da lectura como nas conversas mantidas ao remate para afianzar conceptos relacionados coa inclusión e a diversidade. Unha experiencia, sen dúbida, moi enriquecedora na que diversión e aprendizaxe van da man, fomentando así a educación en valores.
 

Comentarios