Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A experiencia rehabilitadora de Adrián Torrado convírtese en exemplo

A historia de Adrian Torrado
Juan Díaz, Adrián Torrado e Jorge Eijo compartindo a súa experiencia no IES de Baio
A experiencia rehabilitadora de Adrián Torrado convírtese en exemplo

Emotivo reencontro o vivido este luns no IES Maximino Romero de Lema. O exalumno Adrián Torrado e dous dos seus docentes de Educación Física que obraron a milagre, Jorge Eijo e Juan Díaz, achegáronse ao centro baiés, para poñer en valor a experiencia pioneira que desenvolveron durante 13 anos, e que fixo posible que Adrián deixase a cadeira de rodas e puidese camiñar polo seu propio pé.

Anos despois daquela demostración de loita, esforzo e superación, e véndoo con perspectiva, decidíronse a contalo, a crear todo un Programa Rehabilitador con esa experiencia para que sirva de exemplo para outras persoas que teñan que superar as mesmas barreiras.

A historia é verdadeiramente incrible. Adrián Torrado é un rapaz con parálise cerebral, que chegaba ao cole sen poder erguerse da cadeira de rodas. Durante anos, e gracias á implicación, non só dos dous mestres, senón de toda a Comunidade Educativa, dos seus médicos e fisioteraupetas, non soubo o que eran os recreos, pois gracias á súa afouteza, servían de adestramento.

Adrian Torrado en Baio

20 anos despois, aquela experiencia convírtese nun programa de rehabilitación, pensado para profesionais, gracias a toda a documentación gardada polos mestres. Onte era a súa presentación e os responsables explicaron ante os estudantes de 3º ESO E 2º de Bacharelato como foi todo o proceso e cal foi a pegada cerebral que lle quedou daquela experiencia. Juan Díaz sinalou que agora está en baixa forma xa que só realiza ximnasia de mantemento, pero conserva a capacidade de camiñar e ten marxe de mellora se se propón un adestramento máis forte.

Un momento que lembraron con especial sentimento foi cando Adrián logrou dar os seus primeiros pasos de forma autónoma ou cando saíu por primeira vez do ximnasio e o viron o resto do alumnado ou docentes.

Divulgarán o método que seguiron por se fose de utilidade a outros alumnos que pasen por situacións similares. Juan Díaz pediu aos estudantes que “nunca admitan que algo non se pode facer”: todo é posible con tesón e esforzo. Para finalizar Adrián fixo un chamamento para que ás persoas coma el, “con diversidade lles dean unha oportunidade, pois son válidas, responsables e comprometidas para realizar calquera traballo”.

Novas relacionadas

Comentarios