Íntegro solicita colaboración á Xunta para o novo proxecto "Sementes de Futuro"
O presidente de Íntegro, Adolfo López, mantivo unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, para solicitar financiamento o novo proxecto de educación ambiental impulsado por esta entidade sen ánimo de lucro.
A familia de Íntegro trasladou que baixo o título "Sementes de futuro", o proxecto xorde cunha dobre vocación, formativa e medioambiental. Con tal fin, a idea é promover actuacións de reforestación para recuperar zonas degradadas mediante a plantación de especies galegas ao tempo que se sensibiliza á comunidade escolar da zona sobre a biodiversidade e a importancia dos bosques autóctonos a través de actividades que promovan a interacción entre diferentes xeracións e colectivos.
A Conselleira asegurón que analizará a proposta de Íntegro co fin de estudar unha posible colaboración por parte da Consellería.