As mámoas agochadas, e colonizadas polos eucaliptos, de Bergantiños

Intentando descubrir mámoas polos eucaliptais de Cabana

“É imposible é atopar este tipo de enterramentos neolíticos sen colonización eucalíptica”. Así define José Manuel Menéndez, de Senda Nova, a Ruta pola Mámoas de Cabana celebrada a pasada fin de semana. O colectivo comezaba a andaina na Piolla, dirección Cabana, dende onde os primeiros quilómetros están salpicados de numerosas mámoas e petroglifos que sofren as consecuencias da mala ordenación do territorio.

”Uns xacementos que se contan por centos na zona e que claman por un cumprimento da lexislación que os protexe”, lamentan.


Na capela de Folgoso, na parroquia de Rioboo

Despois a visita percorreu lugares patrimoniais como o Pazo de Casanova e a Igrexa de San Pedro, en Nantón, pasaron pola Torre da Penela (torre medieval en proceso de restauración), a capela e o castro de Folgoso, os muíños de Abelán ou outros recunchos naturais como a fervenza do Pozo da Forca.


Parada no Pozo da Orca

Xa pensan na nova saída deste domingo pola Costa Agreste de Cerqueda e Cambre, no marco do programa Primavera en Ruta, onde poderán disfrutar de paraxes como Os Muíños de Ribeira, un dos nosos Recunchos da Costa.

Novas relacionadas