Luns. 19.10.2020
El tiempo

Recunchos da Costa: Os Muíños da Ribeira

Recunchos da Costa: Os Muíños da Ribeira

Tamén coñecidos como Muíños de Ardeleiro, son unha xoia da parroquia malpica de Cerqueda. Xusto na desembocadora do rego dos Muíños, que ademais forma unha fermosa enseada, 5 muíños, perfectamente restaurados, deixan unha imaxe absolutamente singular.

Curiosos son tamén os nomes cos que se coñecen os muíños. Dende o interior imos atopando o Muíño do Pirillete ou de Andrade, o Muíño do Tecedén, o Muíño de Novo, o Muíño de Mandián e, o último, o Muíño de Varela ou de Lopes.

Interior dos Muinos de Ribeira de Cerqueda

Recunchos da Costa-Muinos de Ribeira-Ardeleiro-Cerqueda-Malpica 2

A cruz de pedra que está no alto lembra o naufraxio da lancha “David”, acontecido o 8 de xullo de 1899 no que, segundo Xelucho Abella, afogaron o patrón e os seus tres fillos.

Ademais da visita ao lugar, que permite baixar ata practicamente o mar, gabeando polas rochas e vendo como se derivaban os regos con construcións de pedra moi integradas na paisaxe, podemos completar a xornada cunha andaina.

Pola zona pasa a Ruta dos Pinos, que une Razo con Malpica, e que serve de previa para o Camiño dos Faros.

Vistas da escarpada costa corunesa dende os Muinos de Cerqueda
Vistas da escarpada costa coruñesa dende o lugar

Recunchos da Costa-Muinos de Ribeira-Ardeleiro-Cerqueda-Malpica 3

Como chegar

Dende a estrada AC-414, que une Buño e Malpica, ao pasarmos unha fábrica de cerámica, hai un desvío sinalizado á dereita. Cómpre atravesar a aldea de Ardeleiro (que ten varias casas rurais) e coller outro desvío á esquerda onde comeza unha pista de terra. Cómpre seguir tirando cara as esquerdas ata chegar ao mirador.

Outros RECUNCHOS DA COSTA

comentarios