Os usuarios de Íntegro disfrutaron dunhas semanas de vertixe

Menudas dúas semanas que están a gozar os/as usuarios/as do centro ocupacional e de día de Íntegro. Non pararon pois a tiveron chea de actividades!!/p>

Por exemplo, o mércores 3 de xullo visitaron as instalacións da Voz de Galicia en Arteixo e o mueso Fernández de Latorre. O xoves, un grupo fixo demostración en vivo no Faro de Camariñas, todos desfrutaron dun xantar no Club Nautico e pola tarde participaron na escola de vela lixeira; esta última actividade estaba organizada por COGAMI.

Xa o venres pasado, con motivo do asalto o castelo en Vimianzo, achegáronse as instalacións do castelo para coñecelo mais detidamente e ver a decoración das casas da localidade. E o sábado, participaron na Feira Artenasal do Asalto o Castelo, a onde os produtos feitos no centro.

Xa esta semana, o pasado luns 8 de xullo, participaron na actividade do proxecto GAVEA, saída no velero Laión, pola ría de Camariñas, mentres que o mércores 10 de xullo: acudiuse A cidade da Coruña para visitar a aula móbil da Fundación Repsol, onde o persoal lles explicou o "Mundo de la energía; ¿Sabías qué...?; pasouse todo o resto da xornada na cidade.

Así, que continúe o verán activo para os bravos usuarios de Íntegro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).