Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro

O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro
O Ponteceso FSF no Torneo da Coruna

Descansa xa o Concello de Ponteceso FSF despois de poñerlle fin á tempada o pasado domingo. Rematadas xa a Liga Provincial, liga na que compiten, e a Copa Provincial, as rapazas de Barca e Curro aínda non foran de vacacións, xa que disputaron nestas semanas dous torneos.

O primeiro torneo no que participaron foi un torneo benéfico celebrado en Cabana de Bergantiños organizado pola asociación Íntegro, no que tamén participaron o Fisober FSF e os equipos masculinos CD Nantón de Veteranos e Soneira de Veteranos do Soneira SD. Foi un torneo bonito no que, a pesar de perder os dous partidos disputados, as pontecesás disfrutaron xogando e colaborando.

O Ponteceso FSF no Torneo de Integro

O pasado domingo, achegáronse ata a Coruña para disputar, no pavillón do Barrio das Flores, o torneo da Asociación de Clubes de Fútbol Sala de A Coruña (FUTSACO) no que se enfrontaron ó Amarelle B, equipo que xoga na mesma liga. A este partido chegou o Ponteceso con varias baixas e poucos entrenamentos, e tamén saíron derrotadas, levando para casa o trofeo ás subcampeonas do torneo.

A pesar de que nos torneos non lograron acadar ningunha vitoria, cómpre recordar que no seu terceiro ano de historia, conseguiron o terceiro posto na Liga Provincial Feminina e a chegada ás semifinais na Copa Provincial, nas que quedaron eliminadas polas campionas, o Manureva Suevos.

Así, a familia pontecesá esperan, para a vindeira tempada, contar con alguna fichaxe nova e intentar mellorar, ou polo menos igualar, o acadado este ano.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios