Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha tarde en Camariñas cos artesáns e regatistas de Íntegro

Unha tarde en Camariñas cos artesáns e regatistas de Íntegro

Facemos doble visitas aos usuarios de Íntegro que están sendo protagonistas nestes días, no mar e na terra de Camariñas.

Os usuarios de Íntegro xa son grumetes a vela

Usuarios de Integro a vela en Camarinas

O Concello de Camariñas, Obra Social La Caixa e COGAMI Coruña organizaban un curso de navegación a vela lixeira para persoas con discapacidade, no marco do Proxecto GAVEA . Onte, un grupo de 8 usuarios e 2 monitores da Asociación Íntegro saíron ao mar para fstexar o seu ˝bautizo".

A verdade é que vendo as súas caras… sobras as palabras.

Ademais, o luns, 8 de xullo, os usuarios do centro volverán embarcar no veleiro Laion para realizar unha travesía pola ría, onde van aprender nocións básicas sobre a navegación a vela, a realización de nós mariñeiros e tamén poderán aprender o manexo do temón.

Artesáns de Íntegro no Faro Vilán

O pasado xoves 4 de xuño os rapaces da asociación Íntegro (Asociación para a Diversidade Funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra) volveron estar no Faro Vilán de Camariñas para facer demostracións en vivo da súa artesanía: bisutería, traballos con fieltro, cestería, etc.

Artesans de Integro no Faro Vilan

Un Faro que xa acolle a exposición das obras de pintura realizadas durante o 1º Certamen de pintura ó aire libre "Faro Vilán".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios