SanFins do Castro lanzou o seu Berro Seco

Lanzando o Berro Seco na Romaria de San Fins do Castro

Rito tan sinxelo como ancestral o que bota a xente de San Fins do Castro cada 1 de agosto. A fermosa romaría na carballeira cabanesa volveu ser unha desas festas familiares para disfrutar da escencia da comarca de Bergantiños.

 

Cobtra o mediodía O presidente da Comisión, Manuel Gil, aos seus 97 anos deixou claro á rapazada que debían esquecer a batalla de viño e o chunda-chunda que desvirtuara a romaría na pasada década (algún moz@ si que amosaba fachendoso a camiseta branca manchada de viño, pero a molestia para as familias foi mínima), e que no San Fins só se escoita verbeneo e gaitas (como as do Son do Castro). Tras lembrar a “memoria” de Saturnino Cuíña, deu paso para que fose o párroco Liller Alexander Carrillo o que arengase o “berro seco”, que representa o berro ao unísono que facían os canteiros para levantar unha pedra grande que ían traballar.

Manuel Gil e o cura Lillier 
Panos brancos na fonte de San Fins do Castro
Santo da Polvora no SanFins do Castro

Antes os feligreses xa deixaran os seus panos na fonte, e de contado o Santo da Pólvora facía virar a singular falla ciclista que estouraba con potencia, segundos antes de que comezasen a soar os primeiros acordes daa orquestra Los Españoles, coa que comezaba a troula nesta Festas de Interese Turístico Galego.

Uns bailes e a comer en familia, a parte máis fermosa do verán.

A verbena
O xantar

 

Máis festa

O mércores hai máis festa.

Máis novas