San Fins do Castro: O estoupido do viño


O viño meteuse polas entrañas dos centos de mozos que disfrutaron dunha das festas máis salvaxes do verán. A guerra de viño e barro foi espectacular, apenas houbo supervivinte, ollado a dor da batalla. Por certo, houbo olladores dos Caneiros para comparar onde a loita é máis cruenta.
Entrementres as familias celebraban a máis tradicional romaría, cunha mesa por familia na fermosa paraxe do campo da festa.
O Himno, escrito polo crego folclorista Saturnino Cuíñas Lois e musicado por Xosé María de Neaño, foi o lido no mediodía do sábado:
Meu santo san Fins do Castro
¿que lle dás ós teus romeiros?
Auga da túa fontiña,
sombra dos teus bidueiros.
E tras del, chegou un dos seus sinais de identidade, dos momentos que fan tan singular esta romaría:
O Berro Seco
Este trazo etnográfico foi introducido tamén por Saturnino. A escenificación é clave. O párroco de Cesullas dirixe a operación dende o palco e os romeiros, cual soldados, pero en crequenas, agardan o sinal do párroco para saltar a un tempo e berrar desde o máis fondo do peito o berro “ouuuu…” Esta acción repítese tres veces.
Algúns investigadores relacionan o Berro Seco de San Fins do Castro co urro que lanzaban os canteiros cando levantaban a man grandes pedras, sobre todo porque o crego, Saturnino Cuíñas, fora natural de Cotobade (Pontevedra), terra de canteiros. Outros estudosos, ven no Berro Seco o símbolo do esforzo colectivo ou reminisciencias dun pasado celta.
E moito berro, moito berro, pero do viño non savou nin o propio fotógrafo Marcos Rodríguez.











Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.com).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.