A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes
Aínda non chega ás cifras do Faro Fisterra, pero é que o Faro Fisterra case non leva nin a conta. Pero o traballo que están a facer os membros da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas é todo un exemplo. Un exemplo de como dinamizar un Faro como epicentro cultural; un exemplo que como devolverlle a via a estes emblemáticos edificios.
Hoxe, dende a entidade, envíannos as cifras de visitantes, que demostran que o traballo vale para algo e que o Faro de Cabo Vilán é un foco de atracción de visitantes na Costa da Morte cada vez máis desexado. Un aumento dun case 40% no número de visitantes así o refrenda.
Xa o ano pasado o número de visitantes aumentou en máis de dez mil e a evolución que leva este ano (12.315 que entraron o interior do Faro, frente ós 7.734 do ano anterior contados ata finais de maio) fainos preveer un verán e un ano con record de visitantes no Faro Vilán de Camariñas e por tanto na Capital do Encaixe e en xeral en toda a Costa da Morte, xa que cada vez son máis os interesados en descubrir os encantos deste rincón de Galicia ata hai poucos anos tan descoñecido.
- * Semana Santa 2013 - Marzo / SS 2014 - Abril.
Exposicións
As exposicións son unha das actividades principais do Faro. Actualmente o Faro Vilán de Camariñas, acolle unha exposición temporal de pintura cargada de contrastes que nos presentan Pilar Pastoriza e Carmen Subiela e que está a gustar moito ós centos de visitantes que acuden diariamente ó Faro.
A entrada é libre e gratuita ata o 6 de xullo, de mércores a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00h) na sala de exposicións do Faro Vilán de Camariñas.
Novas relacionadas
- Os hostaleiros de Camariñas crearán un menú mariñeiro propio.
- De novelas e pintura no Faro Vilán.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).