Sábado. 29.01.2022
El tiempo

A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero

A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero
25N-2010-buserana-nena Numerosos actos se desenvolveron ao longo da Costa da Morte polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Varios dos concellos da bisbarra acollían concentracións, charlas... actos en todo caso moi emotivos, e que chaman á concienciación xeral de que a violencia de xénero non pode quedar no silencio. Deixamos á elección dos lectores a idoneidade de que este tipo de Días teñan lugar, e lembramos a máis que interesante aportación dunhas das mulleres que máis peso ten na bisbarra, como é Susana Alvite que no seo Soliloquio reflexiona sobre o positivo e negativo destas datas sinaladas. Polo de pronto imos repasando os actos que tiveron lugar onte na bisbarra.

En Cee, "Menos recursos, máis desigualdade"

Este era o lema da concentración convocada pola Asociación Feminista Buserana en Cee. Un centenar de persoas do concello ceense e do veciño corcubionés, participaron na xuntanza, na que se procedeu á lectura dunha historia real, e do manifesto da asociación, en contra do recorte das administracións en materia de servizos sociais. Podemos ver tamén na Galería os carteis gañadores do II Concurso de Carteis de Cee.

En Camariñas, unha flor por cada vítima

Máis dun centenar de persoas asistiron onte en Camariñas, á concentración en contra da violencia de xénero que organizou a  Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade. O acto consistiu na lectura dun breve manisfesto por parte da presidenta da asociación, seguido dun minuto de absoluto silencio en recordo das mulleres asasinadas vitimas da violencia de xénero no que levamos de ano. Acto seguido fíxoxe unha ofrenda floral no que as persoas asistentes puseron unha flor por cada unha das 64 vítimas deste ano ao tempo ca presidenta nomeaba as vitimas unha a unha. Despois dun sentido aplauso pechouse o acto coa soberbia actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, que por primeira vez e en honor a causa interpretaron, traducida ó galego, a coñecida canción contra o maltrato de Amaral, "Salir corriendo".

Panos morados en Vimianzo

Ademais de engalanar o edificio do Concello con globos, as mulleres do Concello vimiancés levaron panos morados coa inscrición “Vimianzo contra a violencia de xénero polos establecimentos do centro da vila, poñéndoos nos coches e en todo aquel que se cruzara. Ademais, ás 12:00h parouo Concello e se procedeu á lectura dun manifesto.

Pegada de mans en Ponteceso

Este cartel reflicte o sentir da sociedadede Ponteceso ante o problema. Ducias de mans encheron o cartel para dicir "NON" á violencia de xénero. O acto tivo lugar na Praza do Relleno en Ponteceso e acodiron medio centenar de persoas. O minuto de silencio foi moi emotivo.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios