A Costa da Morte abre os ollos contra a Violencia de Xénero


O 25N da Buserana
A Organización Feminista Buserana organiza varias actividades para os días 24, 25 e 26 deste mes de novembro. O mércores 24, no marco do Ciclo de Cine OutrasVoces, que artella COSAL, proxectaranse varias curtas a partir das 20:15h no IES Fernando Blanco. O xoves 25 terá lugar na praza 8 de marzo de Cee a concentración anual e lectura de manifesto a partir das 20:00h. E para o venres 26 queda unha charla-coloquio por parte de Lucía Oca, sobre Cabo Verde. A cita será ás 20:30h no Salón de Plenos do Concello de Cee.O 25N de Camariñas![Abran os Ollos - Rafa Navarro]()
Outras das entidades que máis está a facer en prol da igualdade é Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, que pide á bisbarra que "Abran os ollos". A entidade lembra o valor da palabra e da denuncia, e sinala que "O silencio é unha forma de participar na violencia”.
A entidade convoca á cidadanía a unha concentración que terá lugar este xoves 25 de novembro as 20:00h. fronte a Casa da Pedra de Camariñas. E nos deixa este cartel obra do debuxante Rafa Navaroo.
Os carteis de Cee
O Concello convocaba o III Concurso de Carteis, que se darán a coñecer este xoves ás 12:00h diante do Concello ceense. Ademais o concello, a través do Centro de Información á Muller (CIM) está artellando diversas charlas no IES Agra de Raíces e Fernando Blanco sobre prevención da violencia e igualdade a todo o alumnado de E.S.O. que rematarán a primeira semana de decembro.O 25N de Vimianzo
A Área de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo repartirá panos conmemorativos dese día entre todo o persoal do concello, para que ese día todo o mundo sexa partícipe dun acto tan importante. Farán o propio cos coches da zona, cun lazo de cor morada coa inscrición “Vimianzo contra a violencia de xénero”. As 12:00 horas procederase a lectura dun manifesto na praza do concello condenando a violencia de xénero. A este acto está invitada toda a Corporación local e tamén todos os traballadores do concello, así como todos os veciños e veciñas que queiran ser partícipes deste acto. Aproveitarán este acto para soltar uns globos en solidariedade coas persoas que sofren esta lacra.O 25N en Ponteceso
O Concello pontecesán organiza unha actividade, que se celebrará na Praza do Relleno en Ponteceso, de 11.00h a 12.30h consistirá nunha recollida de pegadas de mans en repulsa á violencia de xénero, ou tamén se poderá deixar unha frase no taboleiro habilitado ao efecto na Praza. Ademais, ás 12:00h farase un minuto de silencio en apoio as vítimas da violencia de xénero. h3>25 en MuxíaPor Muxía traballan todo o ano en materia de igualdade. Un exemplo é esa Galería Mulleres que cada mes lembra unha persoa con relevenacia hist´roica.
Ademais, o CIM do Concello de Muxía e a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe a Concelleira Irma García Barcia, seguen a traballar a prol da igualdade, Pero tamén é fomentado de xeito transversal en todas as concellerías e dende tódalas áreas de traballo do equipo de goberno.
O Concello prepara unha sesión de Contacontos da Igualdade, que terá lugar o sábado 27 ás 7 da tarde no Salón de Actos do Voluntariado e cargo da Compañía Duende Sico. Ademáis hoxe xoves 25 haberá un obradoiro de emancipación xuvenil. Este obradoiro serve para dotar a mozos e mozas das ferramentas básicas para a súa emancipación do núcleo familiar e terá lugar no Centro Social en horario de 17 a 20 horas.
Novas relacionadas
- O Soliloquio de Susana Alvite sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Outro día máis sen razón de ser.
- 16-09-10: Un home asasina á súa muller a martelazos en Ponteceso.
- Concentración 25N-2009: Na procura das "ferramentas contras as raíces da violencia".
- Concentración 25N-2008: Sementando unha Costa de non violencia.
- A voz da Muller de Camariñas.
- Novos obradoiros de igualdade nos centros de ensino de Camariñas.
- Cee convoca o III Concurso de Carteis contra a non violencia.
- Camariñas implícase pola igualdade a base de fotos.
- Loitando contra o Fermento do silencio.
- A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).