A Xunta aproba defintivamente o PXOM de Camariñas con 1.200 vivendas máis
Camariñas ten por fin, e á terceira, ten o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal, un documento abosultamente necesario para o crecemenro dos concellos pero que se está a retratasar demasiado. De feito, remata así unha longa tramitación que se iniciou en febreiro do ano 2000 co contrato de redacción do PXOM, que obtivo a súa aprobación inicial 9 anos despois e, entre o 2009 e o 2012, un total de tres aprobacións provisionais.
Remata así o tempo no que o urbanismo camariñán se rexía por delimitacións que data do 1981.
Así, na actualidade en Galicia só hai 65 concellos que teñen o seu planeamento adaptado á Lei do Solo, dos cales 27 están na provincia da Coruña. E no tocante á Costa da Morte, Camariñas convértese no 4º concello en aprobar un PXOM, tras Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Laxe.
Características
Un documento que prevé a construción de 1.191 novas vivendas de modo que se chegue acadar unha capacidade residencial de 5.690:
- 584 vivendas nos núcleos urbano (49 do total %)
- 162 vivendas nos Solos urbanizables (13 % do total)
- 445 vivendas nos núcleos rurais (38 % do total)
Cómpre destacar que o solo rústico de protección especial suma 4.774 hectáreas, o que significa que case o 93% da superficie do concello conta con algún tipo de protección.
O novo PXOM propón 2 polígonos industriais, un en Camariñas e outro en Ponte do Porto, así como 5 novos sectores de solo urbanizable residencial nestas cabeceiras urbanas e diversos ámbitos de desenvolvemento en Camelle e Arou.
Ademais, o plan protexe por primeira vez unha rede de sistemas xerais e dotacións locais de espazos libres, zonas verdes e equipamentos que superan os requisitos necesarios que establece a lexislación, e que supoñen unha oferta de ocio e lecer para os habitantes do municipio.
Clases de Solo
Delimita 153 hectáreas de solo urbano, case o 3% da superficie do concello; 36,64 hectáreas de solo urbanizable, o 0,71% do municipio; e 138 hectáreas de solo de núcleo rural, o 2,69% da extensión do concello.
Clase de Solo | Superficie (Há) | % |
TOTAL CONCELLO CAMARIÑAS | 5.098 | 100,00 |
SOLO URBANO | 153,25 | 2,98 |
Urbano Consolidado | 134,22 | 2,612 |
Urbano Non consolidado | 19,03 | 0,370 |
SOLO URBANIZABLE | 36,64 | 0,71 |
Urbanizable delimitado | 33,60 | 0,654 |
Urbanizable no delimitado | 3,05 | 0,059 |
SOLO DE NÚCLEO RURAL | 138,28 | 2,69 |
Núcleo Rural Tradicional | 76,50 | 1,489 |
Núcleo Rural Común | 61,78 | 1,202 |
SOLO RÚSTICO | 4.745 | 93,62 |
Rústico Ordinario | 36,11 | 0,71 |
Rústico de Protección Especial (Espazos Naturais, Forestal, Agropecuaria, Costas, Cauces, Paisaxístico, Patrimonio Cultural, Infraestruturas) | 4.774,38 | 92,91 |
Máis información
- 13-12-12: Camariñas presenta un novo PXOM.
- Camarinas.net: PXOM: Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Camariñas.
Novas relacionadas
- 17-04-12: Segunda aprobación do PXOM de Camariñas.
- 18-04-11: O PP camariñán califica de “apresurada” a entrega do PXOM.
- 14-04-11: O alcalde de Camariñas entrega o PXOM á Xunta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).