Venres. 19.04.2024
El tiempo

O alcalde de Camariñas entrega o PXOM á Xunta

O alcalde de Camariñas entrega o PXOM á Xunta
O Alcalde de Camariñas co PXOM

A primeira hora da mañá o PXOM de Camariñas saio cara a Xunta. Os 19 tomos empezaron a súa viaxe custodiados polo propio alcalde, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, acompañado de Mercedes Concelleira de Urbanismo da Secretaria e a Arquitecta do Concello. Así, o goberno muxián fai entrega esta mañá en Santiago no rexistro da Xunta o PXOM de Camariñas do "documento máis importante elaborado na historia do Concello de Camariñas", segundo o PSOE camariñán.

Tras máis de dous anos de longa tramitación o Concello de Camariñas entrega un Plan que conta cos informes favorables de todos os organismos os que foi remitido.

Proceso

Despois da aprobación provisional, o PXOM foi remitido a Costas do Estado como é perceptivo, e tras obter o informe favorable de este organismo, remítese a Xunta para a súa aprobación definitiva.

Unha vez entregado na Xunta o Concello seguirá dando os paso que marca a lei e empezará a enviar os veciños as respostas as alegacións que presentaron.

Dende o PSOE instan agora á Xunta a que nos 3 meses cos que conta para tomar unha decisión, aprobe definitivamente o Plan, "para de unha vez por todas ter unha seguridade xurídica a hora de construír, poder legalizar casas, e ter un documento claro e moderno que nos diga como e onde podemos construír".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios