Camariñas presenta un novo PXOM


Xa é a terceira vez que o alcalde presenta os documentos do PXOM de Camariñas no rexistro da Xunta. Pero agarda que desta volta sexa a defintiva. Onte, 12-12-12, tiña lugar a aprobación no pleno do PXOM, coas últimas modificacións que esixía a Xunta, un pleno algo máis calmado do agardado. Un PXOM aprobado cos votos a favor do grupo de goberno, PSOE, e a abstención do PP.
Foi o voceiro do PP Daniel Rego o que máis rebatiu o texto, centrando as súas críticas na desfeita urbanística de este últimos anos asumindo que a culpa "foi de todos". Pero instou ao goberno a abrir as portas e amosar o proxecto aos veciños.
Pola súa banda, o Alcalde sinalou que "o importante e mirar para o futuro".
Así, trala aprobación en pleno celebrado as 10 da mañá, o Alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, volvía ás Dependencias da Xunta para entregar o documento no rexistro.
Máis información
Novas relacionadas
- 17-04-12: Segunda aprobación do PXOM de Camariñas.
- 18-04-11: O PP camariñán califica de “apresurada” a entrega do PXOM.
- 14-04-11: O alcalde de Camariñas entrega o PXOM á Xunta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).