Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PP camariñán califica de "apresurada" a entrega do PXOM

O PP camariñán califica de "apresurada" a entrega do PXOM

O Partido Popular de Camariñas califica de apresurada a presentación do PXOM na Xunta por parte do alcalde. Critica o PP que "o PSOE obvia os informes desfavorables que emitiron o interventor, que non chegou a ver o PXOM, a secretaria e a técnica Municipal, quen nin tiveron tempo a redactar o informe".

O Plan aprobouse nun pleno extraordinario convocado con menos de 24 horas, algo que para o PP "quebranta todo o establecido por lei en canto a celebración dun pleno extraordinario". Ademais denuncia que "os veciños e a oposición, descoñecen o contido do documento que entregou o Alcalde na Xunta, porque non tiveron acceso a redacción final do mesmo e ignoran qué modificacións incluironse na súa última fase".

E recorda que se presentaron máis de 600 alegacións ao PXOM do Concello de Camariñas. E se o alcalde asegura que o novo plan inclúe a todos os veciños de Camariñas, dende o PP denuncian que o Plan "deixa moitas vivendas fóra de ordenación a que teñen vivendas no “Casco Histórico”, repercutindo elo de forma negativa na valoración catastral das vivendas".

Para o PP, "a apresurada presentación do PXOM ante a Xunta non é máis que un balón de osíxeno do que se sirve o alcalde porque é consciente de que o goberno galego ten tres meses para estudar e decidir antes de resolver a validez ou non do Plan, é decir, que calqueira impugnación fariase pasadas as eleccións municipais".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP Camariñas.

Comentarios