O alumnado camariñán terá bus a partir deste luns para ir ao IES de Vimianzo

Un bus no IES de vimianzo

A trampa do transporte integrado leva provocando problemas no transporte escolar dende a súa implantación hai 5 anos. A falta de conexión entre os horarios dos buses do transporte colectivo e o horario escolar, ou a excesiva carga noutros casos para cubrir os dous servizos, fai que o alumnado da comarca sufra para chegar a clase.

Así pasa en zonas de Bergantiños, e así acontecía, ata onte, en Camariñas, onde o alumnado que acodía ao IES Terra de Soneira de Vimianzo non dispuña de autobús. Finalmente, trala aprobación en pleno por unaniminade para pedirlle a Xunta que garanta o servizo, a Xunta accedeu este venres a impantar unha nova ruta a partir deste vindeiro luns que sae ás 8:00h de Camariñas con destino a Santiago, e con parada no IES vimiancés.

Valoración política

De contado, os 3 grupos políticos a sacar peito das súas ctuacións para que sexa unha realidade. O PSOE lembra que a moción aprobada no pleno foi presentada polo seu grupo.
Pola súa parte, a portavoz municipal do Partido Popular e deputada autonómica, Paula Mouzo Mas, valora “moi positivamente” o anuncio da Xunta e agradece “a receptividade e o interese” da Consellería de Presidencia da Xunta e a “firme vontade” de dar solución “as peticións que lle trasladei en diferentes conversas e que recollían as demandas dunhas familias do concello de Camariñas “.

Tamén fai valoración o BNG, “parabenizándose de que sexan atendidas as súas reclamación”. Pero tamén “lamenta que a Xunta non actuara con anterioridade” e critica que “son necesarias máis medidas e non só solucións con parche”, lembrando que “hai estudantes de Camelle que aínda terán que desprazarse para coller o autobús que irá de Camariñas a Vimianzo; son alumnos e alumnas que tamén merecen respecto e o mesmo servizo”.

Máis novas