Venres. 26.04.2024
El tiempo

A gran trampa da licitación (suspendida a última hora) do Transporte Integrado

  • ÚLTIMA HORA: A Xunta vén de suspender o procedemento de contrataciónn da concesión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada (Lotes XG-800 a XG-891), aceptando a solicitude das empresas Autos Carballo SLU e Hedegasa S.L.
Un autobus de Monbu en Camarinas
Un autobús de Monbús en Camariñas
A gran trampa da licitación (suspendida a última hora) do Transporte Integrado

A chamada ”revolución do transporte” xa está aquí. E por trámite de urxencia, pois o Consello da Xunta vén de sacar o concurso as 29 concesións de Transporte Integrado que tiña pendentes nos últimos meses, que unen o transporte escolar e o colectivo. Varias desas concesións afectan directamente á nosa comarca, provocando unha verdadeira marexada nas pequenas e medianas empresas de transporte de viaxeiros da Costa da Morte, que a día de hoxe non teñen nada claro se están en disposición de presentarse.
Se ben conseguiron a comezos de ano gañar algún concurso da comarca bergantiñá formando unha UTE, os novos pliegos non son nada favorecedores aos pequenos negocios e parece que serán as grandes empresas as máis beneficiadas.

Ademais das xa implantadas Arriva e Monbús, tamén aparecen en escena Alsa (que ademais dos interrexionais xa conseguíu o transporte urbano de Ferrol), Avanza ou ata Subús, que poden presentarse con todas as súas subempresas. Empresas internacionais que conseguen ofrecer mellores condicións ás administracións e apurar máis os costes.

Se 6 de maio é o último día para presentar ofertas, a resolución, se non hai máis denuncias como a que presentou a Federación de Transporte de Galicia ante o TSXG (que non provocou cambios significativos nos pliegos) poderá saberse no verán. Nese momento poderase analizar o futuro das case 20 empresas da comarca, dos seus case medio millar de empregos directos, e de toda a economía que hai arredor dos seus case 200 autobuses (talleres, gasóleos…).

Carta a Feijoo: “Que urxencia había?”

Unha das cousas que máis se critica desta licitación é ter sacado os pliegos en pleno estado de alarma por trámite “urxencia”. Así o valora o consultor Juanjo Ruiz, que vén enviarlle unha carta ao presidente da Xunta criticando a apertura destas licitacións. O barcelonés de nacemento pero costeiro de adopción, é bo coñecedor do sector do transporte, e mesmo foi asesor de Valeriano Martínez cando o propio Feijoo foi conselleiro de Política Territorial e o Director Xeral de Transportes ata o ano 2005.

”A Xunta está quitando concursos tecnicamente mal feitos e economicamente mal valorados, por trámite de urxencia cando non hai ningunha urxencia”, denuncia Ruíz.

Número de viaxeiros

”É inxusto que a redacción dos plegos leven á ruina aos licitadores que gañen os concursos en condicións económicas insostibles para os pequenos empresarios, que non teñen a capacidade financieira para aguantar o tirón á espera de que a Xunta lles compense posteriormente, o cal é imposible por ilegal, xa que modificaría substancialmente as condicións do contrato e forzaría á Xunta a unha actuación ilegal. A única saída que tería a Xunta sería quitar de novo as licitacións a concurso e, daquela, xa só estarían os grandes grupos, que teñen capacidade financiera suficiente, como pasou cós desafortunados plegos das ambulancias. O resultado sería a desaparición das pequenas e medianas empresas galegas pola vía dos feitos”, explica Ruíz.

Outro dos puntos que critica Ruíz é a que a valoración económica realízase en función dunha estimación de viaxeiros que se basea nos mesmos valores que na época 2010-2020, “cando todo o mundo é consciente de que a baixada de mobilidade vai ser brutal, pola caída grave de actividade tanto laboral como de ocio. Durante a crise de 2008, tardou 7 anos en recuperar os datos de consumo privado, pero a curva de recuperación do transporte colectivo é moito máis lenta, aínda en 2018 non se recuperara”, explica.

A todo isto, mentres non cambie a lei, un autobús de 55 prazas só pode levar 18 persoas, unha realidade que non se ten en conta no proceso.

A trampa da integración

Esta valoración económica á alza vese ademais multiplicada pola letra pequena da integración do transporte escolar e colectivo. Unha proposta que supón un importante aforro para a Xunta (valorado por Ruiz en ata 40 millóns), pero que provoca un maremoto nas empresas pequenas.

Antes, a Xunta pagaba o custe completo de cada autobús escolar, fose o que fose o seu uso. Agora, con estes novos pliegos, as concesións baixan aproximadamente un 50%, pois a Xunta vai deixar de pagar integramente a amortización e os custes de persoal no autocar que fai ese servizo, a pagar só ás 4 horas de servizo realizado. O resto da xornada laboral, a empresa terá que buscarse a vida facendo transporte discrecional (clubs deportivos, excursións…), ademais de cubrir a liña de transporte regular asociada á liña escolar. “Que clase de excursión vai facer un empresario de Laxe, nas horas libres que lle quedan a un autobús entre deixar e recoller ao alumnado? Tería que ir a Santiago ou Coruña para buscar traballo, pero iso é absolutamente imposible de aplicar”, denuncia Ruíz.

Unha integración avalada polas ANPAS, a pesar de que supón ungran recorte para os escolares, que non poderán facer uso dos autobuses habituais para excursións, por exemplo, e terán que contratar novos autocares, provocando un gasto moito maior para as familias. É dicir, ata agora unha excursión do cole a un museo ou a unha praia, podía custar 2-3€ a cada familia, porque o centro podía usar o autobús que fai a súa liña escolar. Agora, ese bus ten que estar cubrindo unha liña de transporte “colectivo”, polo que o centro terá que contratar outro autocar, un gasto que con probabilidade acabará repercutindo nas familias, que pasarán a pagar 10€, por exemplo por cada excursión.

”Quen perden son os nenos”, recoñecen dende o sector, que se ben entenden que había que reestruturar o servizo de transporte colectivo de Galicia, non era necesario destrozar algo que estaba funcionando, como é o transporte educativo, que non tivo unha soa queixa en décadas. Unha realidade que tamén hai que poñer en contexto, tendo en conta que Galicia é a comunidade que máis gasta en transporte escolar, en termos absolutos e relativos.

Que provoca: “Oligopolio”

Para Ruíz, a gran consecuencia destas licitacións é o “oligopolio dos grandes”. “O resultado final vai ser o das ambulancias, despois do o concurso de hai 5-6 anos. A Xunta sacou concursos a prezos baixos, as empresas grandes baixaron aínda máis os prezos para conseguir os concursos, e pasados dous anos, deixaron os concursos, provocaron unha folga completa, e obrigaron á Xunta a sacar un novo concurso, xa sen competencia local, pois as empresas pequenas caeran polo camiño, e con moitos mellores prezos”, explica.

O favorecemento do oligopolio pode ser, para Ruíz, “unha das tres posibles interpretacións da actitude irresponsabél da Administración galega. A segunda pode deberse á “unha simple vinganza da Conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez, contra os pequenos transportistas de Lugo e Ourense, que hai 4 anos lle fixeron un plante, abandonando as concesión. E a última sería que, obxectiva e deliberadamente, a Xunta considere que o mellor para Galicia é ter 4 operadores e non 150. A miña interpretación é que esta tolería responde a soberbia e ignorancia da Conselleira”, denuncia con rotundidade.

 

Carta de Juanjo Ruíz a Feijoo

Antes de nada me voy a presentar para que no tenga que bajar hasta el final de este escrito para identificarme. Mi nombre es Juanjo Ruiz y tuve la suerte de asesorar a Valeriano Martínez cuando usted fue conselleiro de Política Territorial y él Director Xeral de Transportes hasta el año 2005. Fui el coordinador de las tres ingenierías que elaboraron el Plan de Transporte Metropolitano que usted implantó y posteriormente desarrollé el software que gestionaba los datos de la oferta y las colectas de dicho Plan.

En la actualidad estoy asesorando a varias empresas en la segunda fase de licitación de las nuevas concesiones, como ya hice en la primera.

Me dirijo a usted para trasladarle no ya mi sorpresa, sino mi indignación por la noticia que he recibido esta misma mañana de que la Consellería de Infraestruturas y Mobilidade ha vuelto a sacar y de nuevo por el trámite de urgencia la licitación de las 29 concesiones de esta segunda fase.

No me voy a extender demasiado porque sé que sus responsabilidades, y más en este mo- mento, le tienen muy ocupado, por lo que no haré hincapié en los gravísimos errores técnicos de los pliegos en ambas fases que, si lo desea, le puedo trasladar en otro momento, sino para centrarme únicamente en algo que es tan obvio que la conselleira y su equipo no lo ha contemplado, pero antes he de hacer una breve introducción.

Con vistas -loables- a reducir el coste de las obligaciones de servicio público y del transporte escolar, desde el equipo de la CIM y sus consultores se planteó la minoración de dichas parti- das en un supuesto erróneo, y que no era ni es otro que partir de la suposición de que la mengua en las partidas de amortización de los vehículos y del pago del personal contempladas en los pliegos se podía compensar con la realización de servicios discrecionales. Y digo que es erróneo porque he realizado los cálculos y la terca realidad demuestra que es imposible que dicha compensación se pueda llevar a cabo. Si lo desea, también puedo poner a su disposición los análisis que he realizado al respecto.

Otro de los pilares que sustenta los ingresos recogidos en los pliegos es el número de viajeros y recaudación de dicha demanda y su proyección en los próximos 10 años. Dicha proyección no se justificaba de ninguna manera en los pliegos, pero esta ausencia de justificación se repite en otras partidas, por lo que tampoco me referiré a ello en este escrito.

Ahora, en las circunstancias sanitarias que ha provocado la pandemia que sufrimos y las desastrosas consecuencias económicas en cuanto al empleo que predicen las autoridades económicas y estudiosos del gremio, el primero de los asertos citados sobre los que se sustenta la base económica de los pliegos -la compensación de la mengua de las partidas de amortización y de personal a través de los servicios discrecionales- no es imposible, sino una pesadilla en términos lógicos.

Más grave aún es que los pliegos que se acaban de publicar mantienen los datos de la de- manda de viajeros regulares y su proyección los próximos 10 años, lo cual es un disparate y una osadía sin precedentes. Señor Presidente, creo recordar que usted no es economista pero no le costará comprender que a menor empleo, menor necesidad de movilidad recurrente por motivos de trabajo y que a menos ingresos familiares, menor demanda de desplazamientos por motivos de ocio y no hay ningún motivo para suponer que esta “verdad” vaya a cambiar en las actuales circunstancias.

No le voy a negar que personalmente me interesa desde el punto de vista retributivo que se resuelvan los pliegos lo más pronto posible, ya que de esa forma podré cobrar a mis clientes. Tengo 62 años y trabajo por mi cuenta, por lo que cobrar no me va nada mal, pero no se trata de mi interés, ni el suyo, ni el de la conselleira ni el de mis clientes: Se trata del bien común.

Al margen de consideraciones legales -que las hay- en cuanto a la posibilidad/idoneidad de sacar a licitación estas 29 concesiones en estas circunstancias tan anómalas, creo que hay que echarle un poco de “sentidiño común” al asunto e impedir que en dos o tres años a lo más tardar tengamos que gastar más dinero público, dinero de todos, para compensar a los licitadores que hayan salido victoriosos de este concurso o volver a sacar a licitación estas concesiones por el abandono de las concesiones por los ganadores para no quebrar.

Y no nos olvidemos de las 100 concesiones que ya se han adjudicado y que se ven sujetas por una causa de fuerza mayor por una circunstancia sobrevenida a unas pérdidas en la demanda absolutamente inasumibles.

Empecinarse en el error cometido no nos lleva a nada bueno. Ni su Gobierno ni usted mismo y, sobre todo, los gallegos, nos merecemos entrar en otro proceso de alegaciones y recursos, por lo que le ruego que si contrasta aunque sea solamente estos dos ítems a los que me he referido en este escrito, que obligue a la conselleira a paralizar estas contrataciones porque la solución a este desafuero es sencilla; esperemos a ver cómo responde la situación económica, recabemos datos de la demanda y, mientras tanto, mantengamos las concesiones como están. Es, a mi entender, lo más barato, lo más justo y lo más prudente.

Gracias por su atención.

 

Novas relacionadas

Comentarios