Luns. 29.04.2024
El tiempo

As trampas do transporte integrado: “Unha empresa de transporte non pode estar por riba do dereito dun neno a formarse”

Cartel informativo da estacion de buses de cee
Estación de buses de cee
As trampas do transporte integrado: “Unha empresa de transporte non pode estar por riba do dereito dun neno a formarse”

Falabamos esta semana das problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares. Pero é que as casuísticas arredor da tramposa fusión do transporte integrado (a unión que fixo a Xunta en plena pandemia das liñas regulares coas escolares) son infinitas.

Esta tarde a ANPA do IES Agra Raíces celebra unha xuntanza aberta informativa para as familias para analizar os problemas do alumnado para chegar ao centro ceense dende toda a comarca.

Monste Canosa, voceira da ANPA, e ao tempo concelleira do BNG de Cee, fainos un resumo dos problemas cotiáns cos que se enfrontan as familias. Primeiramente hai retrasos, e moitas veces non hai espazo. “Os rapaces teñen que ir con 20 minutos de antelación para facer cola na parada e conseguir unha praza. Pero ás veces teñen que ir de pé nos corredores, coa inseguridade que conleva”. De feito, “a Garda Civil de Tráfico xa os parou varias veces o autobús”, e dende a ANPA entende que “debe saír a conta pagar a multa”.

Tan grave é a falta de conexión entre os horarios de buses e o escolar. “Os rapaces chegan con retraso ao colexio e teñen que saír antes das aulas, porque se non chegan a tempo para chegar ao bus para volver a casa, co trastorno e perxuizo que leva para o alumnado afectado directamente pero tamén para o resto. Que todos os días cheguen 3-5 alumn@s 15-20 minutos despois e que teñan que saír un cuarto de hora antes é un problema para tod@s…”

”Unha empresa de transporte non pode estar por riba do dereito dun neno a formarse. Non ten endentemento”, sinala con rotundidade, tendo en conta ademais que nos centros de Cee hai suficiente alumnado na zona para poñer buses escolares.

”Porque falamos do IES Agra Raíces, pero o IES Fernando Blanco está na mesma situación. Por exemplo, a rapazada de Mazaricos que veñen aos ciclos, o luns teñen que saír antes de clase, e o mércores pola tarde non teñen bus porque non hai clase nas outras especialidades… Os de Carnota, Muxía, Dumbría, Fisterra… igual. Non pode ser que toda a comarca, pois non é cuestión dun centro, é que é toda unha comarca dependente dunha empresa de transporte”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios