O faro Vilán estrea horario de verán

18:44 03/07/25
Durante a tempada de verán o Faro Vilán amplía o seu horario de visitas grazas á contratación dunha técnica de turismo, segundo indican dende a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas. Durante os meses de xullo e agosto o faro permanecerá aberto de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas, pechando ao público todos os martes.
E outra das novidades é que ata finais deste mes poderá observarse a exposición "Visiones. Fusión Orgánica".