Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas coñece de preto os Riscos Laborais con persoal propio

Camariñas coñece de preto os Riscos Laborais con persoal propio

Onte realizouse no Concello de Camariñas organizada pola Axencia de Desenvolvemento Local unha xornada de prevención de riscos laborais denominada Aula permanente impartida por Mónica López, docente da Fundación Laboral de la Construción. Esta xornada, de 8 horas de duración corresponde ó 1ª ciclo de formación que se establece no V Convenio General de la Construcción é a mínima imprescindible para tramitala Tarxeta Profesional da Construción (TPC).

>Á dita xornada asistiron 20 persoas desempregadas que previamente se apuntaran ca orientadora laboral. Eran 15 veciños do Concello e 5 de fóra, con experiencia no sector da construción ou interesadas en traballar nese sector. Tódolos asistentes recibiron un diploma acreditativo da realización da acción formativa.

Ó mesmo tempo recolleuse a documentación para que as persoas interesadas en solicitala TPC (tarxeta profesional da construción) puideran tramitala no caso de cumprir os requisitos necesarios.

Estas xornadas forman parte do plan formativo en materia de emprego que o Concello de Camariñas leva realizando dende principios de ano. Foron cursos de informática, de orientación laboral e este último. Estas actividades formativas realízana con persoal propio (de feito o profesor é o concelleiro Sergio Caamaño, e entidades colaboradoras mentres agardan as aprobacións das solicitudes que fixeron para AFD e escolas-obradoiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Camariñas.

Comentarios