Camariñas ponse a andar pola Ataxia
14 de xuño de 2025 (09:48 h.)
O sábado 27 de setembro Camariñas sairá á rúa para realizar unha andaina solidaria pola Ataxia, organizada por 'Con Ataxia pero Sin Límites' coa colaboración do Concello.
A andaina comenzará ás 12 horas e este ano percorrerase unha nova ruta, desde o paseo marítimo da Ponte do Porto cara a Cereixo, ida e volta, unha opción adaptada para persoas en cadeira de rodas.
Ao remate haberá actividades para todas as idades como inchables, pinchos, sorteos e moito máis. Ademais, o evento contará cunha exposición de coches clásicos.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do número de teléfono 697 828 580.