Juliana Moscoso: “Queremos que Ataxia sexa unha enfermidade menos rara”
Este pasado sábado, unha expedición da Asociación Galega de Ataxia visitou o mercadillo de Malpica no marco da súa campaña de divulgación e recaudación. Unhas citas que serven para que máis e máis xente coñeza esta doenza, sobre todo a Ataxia que leva o nome da nosa comarca; e que tamén serven para recadar fondos para a súa investigación.
”A xente reacciona moi ben. En Malpica ao principio quedaban un pouco asustados, pero agora a xente xa coñece a doenza, e se achegan a preguntar. Tamén pasan pasan por aquí familiares, e fan a súa pequena aportación para a investigación”, explica Juliana Moscoso, presente na mesa informativa xunto a Lola Castro. “Aínda que sexa unha enfermidade rara, queremos que sexa o menos rara posible”, explica Moscoso.
Sen parada xa preparan a cita deste mércores 25. Porán unha mesa informativa no Cantón Pequeno da Coruña, para despois acompañar a Manuel Rey Pan no edificio Abanca, nunha nova presentación do libro “El mal sin cura de la Costa da Morte, SCA36”, que xa pasou por lugares como Corcubión ou Carballo.
Novas relacionadas
- “A Ataxia Costa da Morte modificounos o xene da fala e da coordinación, pero activounos o do sorriso”.
- Rogelio Antelo: "Non esperaba que as persoas fosen tan solidarias”.
- Cabana e Corcubión acollen a presentación de 'El mal sin cura de la Costa da Morte. SCA36' do xornalista Manuel Rey.
- Un libro para relanzar a investigación que cure a Ataxia Costa da Morte.
- O carballés Manuel Rey Pan recolleu Premio Galicia de Xornalismo Científico por un estudo sobre a Ataxia.
- A Ataxia con nome da Costa da Morte.