Martes. 30.04.2024
El tiempo

A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro Foto Familia
Foto de familia da Selección da Costa-QPC, Spoting Cambre, AGA, Concello de Muros, UD Monte Louro
A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias

Coa doce resaca da xornada solidaria do Pinguel, o campo de Agra da Filgueira de Louro acolleu este sábado 30 de decembro unha nova cita coa Selección da Costa-QPC, neste caso ante o Sporting Cambre. Máis de 200 persoas achegáronse. en día de festa, ao campo muradán, para recadar fondos para a Asociación Galega de Ataxias.

Un choque, organizado polo equipo de deportes de QPC, comandado por Alberto Pose e Óscar Leis, e que conta coa animación de Manuel Lago Tal (o esteirán é unha das voces máis recoñecidas do deporte no sur da comarca da man da 5FM radio) que volveu demostrar o potencial social do Fütbol da Costa, e deu conta da revolución que o Fútbol Ferminino vivo na nosa comarca.

Ataxia

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro Ataxia
Doentes da ataxia atravesando o pasillo das xogadoras

A xornada serviu para colleitar máis de 1.000 euros para a Asociación Galega de Ataxias, e para visibilizar unha enfermidade rara que sofren centos de persoas no noso país. Unha enfermidade cunha variante que se chama Ataxia Costa da Morte, que afecta a numerosas persoas da comarca de Bergantiños, e doutras partes da zona, como ao corcubionés Rogelio Antelo, que nos contaba esta semana como son os síntomas e o día a vida convivindo coa enfermidade.

Non faltou a presidenta da entidade, a malpicá Juliana Moscoso, e unha serie de doentes que se quixeron achegar a esta cita no seu beneficio.

Agradecementos

QPC reitera os agradecementos a todos os axentes que fan posible este evento, como son o Concello de Muros, nomeadamente ao concelleiro de Deportes Damián Torea e a concelleira Maruxa Martínez, a UD Monte Louro, ao completo, que é un pracer facer eventos con eles; a Real Federación Galega de Fútbol que nos permite celebrar estes choques amistosos cubrindo os seguros dos futbolistas; e á subdelegación de árbitros da Costa; ao Sporting Cambre, que se brindou a vir e que ademais colaborou mercando 100€ en rifas); e como non, á familia de da Asociación Galega de Ataxias.

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro-Entrega Muros-Cambre
Antes do comezo do pariido o Concello de Miuros tivo a ben facerle entrega ao Sporting Cambre institucional. Foron Damián Torea e Maruxa Martínez as que entregaron unha cuncha de vieira feita en madeira polo artesán de Abelleira, Javier Maceiras, e un directivo do Sporting.  

Experiencia

Contarémola polo miúdo mañá, pero case o máis importante destes eventos é a xornada de convivencia que viviron o grupo de 22 rapazas de toda a comarca, que pasaron xuntas dende as 11:00h da mañá gracias á implicación de Fran Figueroa, e que axudan a vertebrar a Costa da Morte a través do deporte, que permite que unha rapaza de Santa Comba comparta vestiario cunha de Ponteceso ou unha de Camariñas, e que a vindeira vez que se vexan nos campos a relación non será a mesma.

Crónica: Selección da Costa-QPC - Sporting Cambre (5-0)

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro 2

  • Selección da Costa-QPC: Adriana Siaba, María García, Saskia, Martina, Kelly, Claudia Oanes, Andrea Romero, Carla Pose, Ollala, Yasmina e Naroa. Tamén: Nuria Tuset, Mirian, Leny, Lucía, Irene, Tamara, Carla, Claudia Cundíns.

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro sporting cambre

  • Sporting Cambre: Claudia, Saray, Noelia, María, Antía, Andrea, Paula, Ahinoa, Eva, Lorena, Alicia. Tamén: Elena, Carmen, Iria e Paula.
  • Árbitros: Vítor Recarei, David Cancela e Tiago Alonso.
  • Goles: 1-0, m.10: Olalla; 2-0, m.20: Naroa; 2-0, m. 60: Olalla; 4-0, m.70: Yasmina; 5-0, m. 85: Naroa.
Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro arbitros
Colexiados e capis
Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro-Gini Ruben Fran Figueroa
Gini Vidal, Rubén Souto e Fran Figueroa estiveron á fronte da Selección da Costa-QPC
Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro 1
As xogadoras da Costa coas camisolas patrocinadas por Saunier Duval

Gran partido das rapazas de Fran Figueroa, Rubén Souto e Gini Vidal. Partido moi completo no que a convivencia deu o resultado esperado e as costeiras mostraron máis compenetración do que un só entreno podería aportar. Intensas nos duelos, solventes en defensa, e letales na area contraria.

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro-oanes
Oanes

O Sporting Cambre a pesares das numerosas baixas intentou combinar con moito criterio e oficio, pero o talento das da Costa da Morte fixo que o resultado fose positivo, e máis ainda sabendo que o fin do partido iba aportar ademáis do recaudado unha sonrisa de orgullo nos nosos veciños afectados pola Ataxia.

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro 5
María Camariñas

Sorteos

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro-UD Louro
Carmela levou a camiseta do UD Monte Louro

Ao remate do partido procedéronse a realizar os sorteos dos premios. A UD Monte Louro cedeu un chándal e unha camiseta do club (escollida nunha votación de QPC como a máis fermosa da Costa). Levaron de premio tamén unha camiseta de Pauleta, a capitana do Benfica, que conseguíu Fran Figueroa, e que levou Gonzalo para o seu sobriño, e foi o mítico adestrador Súa o que levou o premio dunha Noite no Hotel Faro de Lariño, gracias á colaboración de Jesús Picallo.

Seleccion da Costa FUTFEM Partido Solidario Louro Picallo
Jesús Picallo con Súa

 

Máis novas

Comentarios