venres. 30.01.2026
El tiempo

Camelle acolle a presentación dun especial poemario sobre a vida no mar do Gran Sol

Os ausentes do Cativo de Camelle
Camelle acolle a presentación dun especial poemario sobre a vida no mar do Gran Sol

Este sábado 31 de xaneiro, ás 18:00h haberá unha xornada mariñeira moi especial. A presentación do poemario “Os Ausentes” na casa da Cultura do Museo Man de Camelle servirá para facer unha longa reflexión sobre o mundo do mar.

"Os Ausentes" é un poemario escrito por Jacobo Barros antes do seu pasamento. Barros embarcouse no Gran Sol moi novo, e viviu en primeira persoa a dura vida do mar, que debullou na novela "Os Ausentes de Casteltón". Unha novela que pide a súa reedición pero a caída de Sotelo Edicións o complica.

Pero Jacobo era unha caixa de sorpresas, e tamén deixou este poemario asinado co pseudónimo de "Cativo", que agora vén de editar o GALP Costa da Morte como una das súas actividades  de promoción, conservación e difusión da cultura mariñeira tanto material como inmaterial recollidas na súa estratexia de desenvolvemento local participativa.

O acto, aberto a todo o mundo, con oloquio posterior e entrega de exemplares os asistentes, contará coa participación de Agustin Agra (escritor) e Álvaro Barros (Biólogo), o irmán de Jacobo. Os dous, xunto con Virxinia, a presidenta de Mar de Fábula, son legado que deixará o comprometido Xosé Manuel Barros para intentar facer que o mundo sexa un pouco mellor do que o deixa a súa xeración.

A obra

A obra está composta por 28 poemas agrupados baixo cinco presentacións, retratos en prosa dos arquetipos de homes tripulantes dos pesqueiros galegos que faenan en Gran Sol e Terranova.

Esta colección de poesías esta inspirada nas duras condición de vida do microcosmos que se crea nun Pesqueiro galego de altura, nun espazo reducido, poboado de personaxes que flutúan entre o sentimento de derrota e a loita diaria por sobrevivir.

A obra pretende render una homenaxe aos mariñeiros galegos de Gran Sol e Terranova, e a descrición poetizada dos duros traballos a bordo dos barcos neses caladoiros.

Comentarios