Luns. 27.01.2020
El tiempo

Camelle expón os seus escafandros

Camelle expón os seus escafandros

A raíz do I Concurso de Escafrandros, a A.C. Naufraxios Galegos prepara xa a singular exposición de Nadal. Coa axuda da ANPA Campo da Area, a Asociación Mar de Fábula e o Concello de Camariñas, vénse desenvolvendo esta iniciativa que achega a realidade patrimonial mariñeira ás escolas.

“Este concurso nace co obxetivo prioritario de manter viva a gran historia marítima de Camelle”, explica Fernando Patricio Cortizo, o seu gran valedor. Un Concurso que se completa coa exposición.

Así, este sábado 4 de xaneiro do 2020, a partir das 11:00 horas, estarán expostos no salón de actos do Museo de Man, en Camelle, todos os escafandros do concurso e no mesmo edificio a partires das 17:30 horas, comezará a entrega de premios, (previamente elexidos os premiados polo xurado deste concurso): 1º, 2º e 3º, nas categorías de idades, de 3 a 6 anos; de 7 a 9 anos e 10 a 12 anos.

Comentarios