Camelle mergúllase na súa historia co programa do City of Agra

Arrincou o completo e emotivo programa do City of Agra. Camelle e Arou acollen esta fin de semana a meirande programación de Galicia adicada a un naugraxio, cando se cumplen 127 anos daquela demostración de solidariedade do pobo camellán.

As xornadas empezaban ao mediodía degustando as tapas polos establecimentos hostaleiros das dúas vilas, se ben o acto de presentación oficial foi coa entreega dos premios do V Concurso de Escafandras Virtuais.

O escenario teatral sito no porto acollía, cunha acollida espectacular, a obra Salazóns Lucinda, da man das bravas actrices da Folja da Faneca, toda unha demostración de arte salgada.

O programa completo

Quedan dous días de intensa actividade arredor do naufraxio, con citas chave, como o acto de recreación da Arribada dos náufragos ao porto de Camelle da noite sabatina (ás 22:45 no porto), que cada ano está collendo máis poso escénico, ou a representación da recepción das autoridades aos náufragos da mañá dominical (ás 12:50).

Máis novas