Martes. 08.10.2024
El tiempo

Camelle volveu fundirse coa historia do City of Agra

Estrea do Documental City of Agra Camelle
A Casa de Man encheuse para a estrea do Documental City of Agra
Camelle volveu fundirse coa historia do City of Agra

Fantástica a fin de semana en Camelle, convertida de novo en epicentro da posta en valor do patrimonio dos nosos naufraxios. A iniciativa ”Mare de Invernía” propuña unha serie de actividades vinculadas co naufraxio do City of Agra, como continuación da fermosa festa celebrada este verán, no que é o meirande evento cultural de Galicia arredor du naufraxio.

Porque o do City of Agra o merece. Falamos de 1897, e dunha resposta da veciñanza camellá absolutamente exemplar, coidando aos tripulantes do buque británico que viaxaba cara cheo de hindúes.

A xornada tiña tres focos de interese. Por un lado a exposición permanente que ten a A.C. Naufraxios Galegos sobre sobre City of Agra, no local da rúa Principal, nº 20 de Camelle.

Outro dos grandes puntos foi a VI edición do Roteiro histórico por Camelle, en homenaxe a José Baña Heim. Máis de 40 persoas se achegaron para descubrir as historias salgadas das vila camellá vinculadas ao mar.

Xavier Eiris en Camelle

Máis interese se cabe recibiu a estrea mundial do documental “City of Agra. Un pobo unido pola traxedia”, da produtora arteixá Vizuals S.L.. Máis de 100 persoas encheron a Casa de Man, mesmo tendo que gabear polas escaleiras para poder ver un pouco, e atoparse entre os 40 minutos de documental. cunha duración aproximada de 40 minutos nos que se conta a vinculación do pobo con este evento, que cada ano se traduce nunha fermosa festa. Xavier Eirís, de Vizuals, puxo en valor o traballo de Fernando Patricio Cortizo e recordou que este docu nace para promocionar o evento dándolle un marco explicativo fácil e atractivo.
O docu empeza contando a historia do barco e o seu naufraxio e remata con 15 minutos nos que recolle a fermosa festa celebrada este verán. De feito, foron moitos os participantes mna representación que quixeron verse no documental, e que xa reservaron un dos pendrives que a Asociación ten pensado vender co traballo audiovisual.

Novas relacionadas

Comentarios