Sábado. 27.07.2024
El tiempo

City of Agra: Camelle e Arou izan velas para o meirande programa cultural arredor dun naufraxio

Camelle City of Agra 2024
City of Agra: Camelle e Arou izan velas para o meirande programa cultural arredor dun naufraxio

Xa saíu novo núvero do Crevante, o noticieiro camellán, informando do meirande programa cultural adicado a un naufraxio en Europa. Xa está aí a nova edición do City of Agra, esa festa salgada que a Asociación Naufraxios Galegos artella en, por e con o pobo de Camelle, e de Arou.

Coa colaboarción do Concello de Camariñas, e as entidades locais A Olja da Faneca, Mar Devalado e a Confraría de Pescadores de Camelle, do 12 ao 14 de xullo deste 2024 a vila lembrará aquel naufraxio de febreiro de 1897, así como todos os naufraxios acontecidos no litoral galego. Un accidente, do boque inglés, no que faleceron 29 persoas, pero no que o pobo camellán foi quen de salvar, coa súa solidariede excepcional, a 32 tripulantes, a meirande parte hindús.

Con ese trasfondo, e coa fermosa representación teatral da “Arribada dos Náufragos” da noite sabatina, este ano animado pola banda Kreze, como evento máis singular, a fin de semana será completísima.

Na banda gastronómica, todos os días, de 12:30 a 15:00h, concurso de tapas de Camelle e Arou.

Haberá feita de artesanía, visitas guiadas á singular exposición dos Naufraxios, roteiros animados, teatro e concertos, como os de NOI e Kreze na noite do venres e de Adhara &Ritman na do sábado.

O domingo, a tamén hai pico de interese na teatralizada Recepción de autoridades aos náufragos e entrega de medalas, así como a despedida.
Xa pola tarde, fútbol náufrago no Rodeiro.

Aquí vai O Crevante dixitalizado coa historia do naufraxio e o programa na contra.

O Crevantes-Camelle City of Agra 2024

Programa Camelle City of Agra 2024

Novas relacionadas

Comentarios