En marcha unha Mostra do Encaixe máis renovada que nunca

Xa non falta nada para a Semana Santa, e unha das citas máis simbólicas xa ten programa. Esrta será a XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas, xa convertida nunha referencia a nivel deseño de moda. I é que o meirande éxito conseguido pola organización nos últimos anos é conseguir que a Mostra pase de ser unha mostra de recuperación tradicional a pasar a entrar dentro do mundo da moda,.
E conseguiuno co co Concurso de Deseñadores Noveis como gran baza. Un concurso, o XX, que este ano conta con 3.000€ en premios polo que loitarán os 29 finalistas.

Así, dende o mércores 27 de marzo ata o domingo 31 non pararán os escaparates, os desfiles, as demostracións… Estarán nada menos que 16 colectivos de encaixeiras chegados de toda Galicia, 12 grupos de artesáns e outras 12 delegacións internacionais, de países como Estonia, Eslovaquia, Chequia, Hungría, Bulgaria, Rusia, Inglaterra, Suiza, Polonia, Portugal, Barcelona ou Italia.

E non faltará de nada. Teremos tamén fútbol, co Triangular de fútbol entre Camariñas F.C, C.F. Porteño e S.D Camelle, na tarde do xoves no Hermanas Patiño.
Haberá un interesante I Encontro de Bloggers de Moda Encaixe de Camariñas, por fin dando paso a que este colectivo tan influinte no mundo do deseño.
E entre encontros de encaixeiras, desfiles e demostracións, estaremos atentos ao I Concurso-Festival de baile tradicional Galego Mostra do Encaixe.

Todo, cunha Mostra aberta con horario ininterrumpido de 11:00h a 21:00h.

Máis información

Novas relacionadas

Outras citas por Semana Santa na Costa da Morte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).