O Faro Vilán e o Museo de Man énchense con arte balear

A sala de exposicións do Faro Vilán xa aberga, ata o 30 de maio, a exposición ‘Cestos-Senalles’, unha mostra colectiva de 24 cestos artesanais intervidos por artistas mediterráneos, que pon en en valor un elemento que foi substituído por bolsas de plástico, pero serviu como elemento inspirador para os artistas, creando a partir dunha obra de artesanía unha verdadeira obra de arte. 
Unha exposición que nace colaboración das asociacións Ambaca de Camariñas e Art amb B de Baleares, que dá continuidade a unha serie de actividades conxuntas xa realizadas nos últimos ano. Foi a pintora Puri Lema del Río un das principais alicerces desta relación. 

Imaxe da inauguración
Olga Castro recibindo un detalle balear

Para celebrar a inauguración da exposición Senalles, neste intercambio cultural, un nutrido grupo de persoas artistas, coristas e turistas achegáronse a Camariñas. A visita incluiu tamén unha breve actuación do Coro de Mujeres de San Francesc de Inca eo Coro Brisas do Mar de Camariñas, e un concerto no Museo de Man unha vez inaugurada a outra exposición balear tamén protagonista.
‘Mujeres en la india’ recolle as creacións 8 artistas de Ibiza (Aphon, Carmen Liberal, Lina Ardinach, Marga Juan, Marga Guasch, Matilde Hernández, Pilar Cuesta e Patricia Boned), obras inspiradas na súa estancia na Fundación Vicente Ferrer en Anantapur, India, acompañadas pola poeta Yolanda Bonet e por un par de fotografías de Vicente Ferrer fillo do coñecido pintor ibicenco Ferrer Guasch cuxas obras foron vistas no Museo de Man hai varios anos, durante unha itinerancia pola xeografía española. Cabe lembrar que non é a primeira exposición que ten que ver coa Fundación Vicente Ferrer que se realiza no Museo Man de Camelle, xa que
se fixeron outras con anterioridade por artistas que tamén visitaran a India e que grazas a esta colaboración, o nome do Concello de Camariñas está en varias escolas nas zonas máis pobres da rexión de Anantampur.

Visitantes no Faro Vilán

Aproveita a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, presidida por Olga Castro, para facer balance dos visitantes que pasaron polo faro Vilán o pasado mes de abril de 2024.
Durante o mes pasado visitaron o faro Vilán un total de 1066 persoas. O 85% dos visitantes son nacionais, dos cales o 50% son galegos. Cabe que comentar que por petición da Asociación do Camiño dos Faros comezaron a contabilizar os trasnos que nos visitan, neste mes de abril 206 dos visitantes estaban realizando dita ruta.

Máis novas