O Faro Vilán sofre co tempo pero ratifica a súa importancia turística

A pesar do mal tempo vivido nesta Semana Santa, e tendo en conta que xa non se pode subir o vehículo ata a explanada do faro (o traxecto do aparcamento ao faro con choiva e vento faise complicado), o Faro Vilán ratitficou estas datas a súa importancia para o turismo da Costa da Morte.
Porque foron case medio millar de visitantes os que se achegaron ao único faro aberto da Costa da Morte nestes 4 días, onde, ademais da exposición permanente sobre a historia do rei dos Faros, da mostra de Retoque Retro.
O espazo, reaberto un ano máis gracias ao compromiso da Asociación de Empresarios do Turismo de Camariñas, foi un complemento perfecto á Mostra do Encaixe, foco de atracción a nivel estatal.
Foron, exactamente 444 visitantes, sendo a maioría procedentes da propia provincia de A Coruña, seguidos do País Vasco, Madrid e Castela León. O día de máis afluencia foi o venres con 153 persoas.
Mäis Novas