O Rei dos Faros estrea o seu completo calendario de exposicións

Este mes de abril e durante toda a Semana Santa 2025 a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no Faro Vilán conta cunha exposición singular.

Alcumada “No fondo do mar” descobre a beleza oculta no lixo mariño a través das esculturas de Retoque Retro, colectivo cultural e medioambiental radicado na Coruña que convirte o lixo plástico en arte.

Calendario de exposicións

Pero isto non termina aí, recen reaberto o Faro, a entidade xa ten pechado o calendario de exposicións para este 2025. 

No mes de maio contarán con artistas do calibre de Purificación Lema del Río xunto coa Asociación Art amb B, que naceu en Mallorca para impulsar o coñecemento da arte contemporáneo que se fai nas Illas Baleares e participou en numerosas exposicións por toda a península e estranxeiro, colabora activamente coa Fundación Vicente Ferrer na India, o Proxecto Home e  con outras entidades sociais, e en palabras do seu presidente Antoni Torres “estamos moi contentos de iniciar esta andaina xunto con Ambaca, para promocionar os nosos artistas e o coidado do medio ambiente, e fomentar os lazos de unión de Galicia e Baleares”.

Para o vindeiro mes de xuño terán un homenaxe a obra de Antón Mouzo Lavandeira, un pintor galego nado en Vimianzo o 14 de maio de 1957, é un deses artistas cuxa obra non só cautiva visualmente, senón que tamén narra a súa propia historia única. Da man de seus irmáns achegarémonos as obras do artista.

O mes de xullo irá da man da obra de Viktoria Szabo e a súa amiga Elena, artista afincada en Fisterra dende que ven facendo o Camiño de Santiago e quedou namorada da nosa gran beleza paisaxística. 

Xa o mes de agosto a sala contará un ano máis coa obra dos acuarelistas do Colectivo Lucet de A Coruña, mediados de setembro e outubro teno reservado para o artista francés Francois June que vén da man do artista malpiqués Peter Kramer e rematan en novembro co peche do faro por todo o alto de novo coa artista local, Purificación Lema del Río.

Máis novas