Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Faro Vilán volve abrir, con exposición, gracias á Asociación de Empresarios e de Promoción Turística

cartel faro vilan maio 2023
O Faro Vilán volve abrir, con exposición, gracias á Asociación de Empresarios e de Promoción Turística

Dende o pasado 19 de abril, as portas do Faro Vilán volven estar abertas de cara á nova temporada. gracias ao compromiso da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, e a axuda que recibe da Deputación dende 2018.

Ademais, o único Faro aberto de toda a Costa da Morte abre as súas portas coa súa exposición permantente sobre a historia do faro eléctrico máis antigo de España, e con exposicións temporais, como a que estrea este vindeiro martes de 3 maio.

A Sala de Exposicións acolle unha nova mosta do colectivo LUCET. Unha exposición colectiva de pintura da man das seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Ana Cancela Muras, Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez; e tamén coas fotografías de Salvador Galbán Dios.
Luz e sensibilidade son o fío condutor nos que os paisaxes mariñeiros son protagonistas.

HORARIO

O horario de visita do Faro e da exposición é:

  • De mércores a domingo de 11:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h.

Novas relacionadas

Comentarios