O Faro Vilán ilústrase en setembro cunha mostra colectiva

As boas cifras de visitantes durante o verán enche de ilusión á comprometida Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. Unha entidade que non para e que xa enche a súa sala de exposicións no Faro Vilán cunha nova mostra.
Trátase da exposición de pintura, escultura e audiovisual «Colectiva Intimidade», unha mostra colectiva paralela a mostra que se pode ver na sala Os Catro Gatos en Santiago de Compostela, nela podemos ver obras dos artistas: Abe Rábade, Andreas Ruíz, Camilo Seira, Delio Sánchez, Inés Silvalde, Iñaki Canterla, Leonor Ruíz Dubrovin, María Magán, Marisa Calderón, Tino Canicoba, Vicente Ruíz Soldevilla e Xabier Liz.
A mostra erá aberta ata o 3 de outubro de 11:00h a 18:00h de mércores a domingo. (Luns e martes pechado)..
Novas relacionadas
- Aumenta nun 15% a cifra de visitantes no Faro Vilán.
- O Camiño dos Faros está salvando o verán.
- As cifras de visitantes do Faro Vilán demostran o bo pulso do turismo nacional.
- As visitas a Dombate tamén ratifican un verán positivo a nivel turístico.
- Praias cheas, como en agosto, na primeira fin de semana de xullo.