O Faro Vilán xa está aberto de novo
Xa dabamos conta a semaan pasada da importante nova da reapertura do Faro Vilán, o único faro aberto de toda a Costa da Morte que serve de foco de atracción de visitantes. Gracias ao compromiso da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, o Edificio de Servizos Múltiples do "rei dos Faros" volveu abrir as súas portas onte, venres 28 de marzo.
Pódese xa visitar o Faro, en horario permanente ata o verán de mércores a domingo de 10-14 e de 15-18, o "Centro de Interpretación de Naufraxios, Faros e Señalización Marítima da Costa da Morte" e a sala de exposicións.
Unha Sala que durante o vindeiro mes de abril 2025 e toda a Semana Santa, acollerá a exposición de Retoque Retro, na que Javi Serantes (escultor), Ana Le (mestra) e Isa García (bióloga) unen a súa arte mediambiental nun proceso creativo de reciclaxe con fins artísticos e concienciativos.
Actualmente realizan arte con lixo plástico das praias para exposicións e venda como medio de financiamento, dan intervencións artísticas a institucións que o soliciten, imparten talleres e charlas concienciativos e colaboran con outras asociacións como Mar de Fábula en limpezas de praias, catalogación de residuos e encontros internacionais.