Fernando Lalana visitou o club de lectura do IESP Pedra da Aguia
20 de febreiro de 2020 (12:31 h.)
Menuda visita recibiu este pasado mércores o alumnado dos Clubs de Lectura do IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto. O escritor zaragonzano Fernando Lalana, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, visitou o centro camariñán e durante hora e media máis de 60 alumn@s gozaron cas palabras dun dos seus autores favoritos.
O escritor contoulles como empezara na literatura, que lle inspiraba para escribir unha novela, por que se dedicou á literatura infantil-xuvenil e non á de adultos e moitas outras anécdotas que fixeron que o tempo transcorrera máis rápido do desexado.
Unha visita que o activo centro quere agradecer á editorial Santillana.
Novas relacionadas
- 2020: O IESP Pedra da Aguia volveuse converter nun pequeno Parlamento Galego.
- 2018: Unha visita literaria no IES Pedra da Aguia.
- 2016: A escritora Care Santos coñece o clube da lectura do IES Pedra da Aguia.