venres. 15.11.2024
El tiempo

Fernando Lalana visitou o club de lectura do IESP Pedra da Aguia

Fernando Lalana no IES Pedra da Aguia
Fernando Lalana no IES Pedra da Aguia
Fernando Lalana visitou o club de lectura do IESP Pedra da Aguia

Menuda visita recibiu este pasado mércores o alumnado dos Clubs de Lectura do IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto. O escritor zaragonzano Fernando Lalana, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, visitou o centro camariñán e durante hora e media máis de 60 alumn@s gozaron cas palabras dun dos seus autores favoritos.

O escritor contoulles como empezara na literatura, que lle inspiraba para escribir unha novela, por que se dedicou á literatura infantil-xuvenil e non á de adultos e moitas outras anécdotas que fixeron que o tempo transcorrera máis rápido do desexado.

Unha visita que o activo centro quere agradecer á editorial Santillana.

Novas relacionadas

Comentarios