![Care Santos falou cos membros do clube da lectura sobre dúas das súuas novelas]()
Care Santos falou cos membros do clube da lectura sobre dúas das súuas novelas
Os membros do
Clube da Lecutra do IES Pedra da Aguia - formado polo alumnado do centro de ensino e por persoal externo -
recibiron o pasado mércores a visita da escritora catalá Care Santos.
A autora mantivo dous encontros ao longo do día. Durante a mañá reuniuse con trece alumnas do clube da lectura de 3º e 4º da ESO. Con elas conversou sobre a súa última novela,
"Mentira", que trata o tema dos menores condeados por delitos graves e a súa vida nos centros de reclusión e reforma. Care Santos falou das experiencias vividas durante as súas visitas a estes centros onde se basou nas historias reais dalgún dos seus membros para escribir a novela.
Esta temática despertou un enorme interese entre as lectoras que mesmo se atreveron a facer algunha que outra pregunta ao respecto. Incluso lle propuxeron facer unha segunda parte da novela sobre a vida dos personaxes que aparecen nela uns anos máis tarde. Unha idea que non foi rexeitada pola escritora. O libro conta co prestixioso premio Edebé de literatura xuvenil.
Xa pola tarde, Care Santos reuniuse durante dúas hora co clube de adultos onde falaron de
"Habitaciones cerradas". A éstes faloulles sobre as vicisitudes que pasou o texto antes de ter a súa forma definitiva, o complexo engranaxe de personaxes e tempos e as diversas voces da narración, así como datos e anécdota da exhaustiva documentación realizada sobre a Barcelona da época. Esta obras, que foi traducida a varios idiomas, conta cunha adaptación á televisión en formato de miniserie.
Segundo relatan dende o IES Pedra da Aguia de Camariñas, "os encontros resultaron sumamente agradables para todas as partes ata o punto de ofrecerse como guía para as localizacións barcelonesas da novela se o grupo decidía achegarse á cidade Condal". Care Santos tivo a oportunidade de coñecer algúns
lugares emblemáticos de Camariñas, tales como o Cabo Vilán, dos que quedou encantada e disposta a visitalos noutra ocasión.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- IES Pedra da Aguia