Xoves. 06.08.2020
El tiempo

O IESP Pedra da Aguia volveuse converter nun pequeno Parlamento Galego

Visita de exdeputados ao IES Pedra da Aguia
Visita de exdeputados ao IES Pedra da Aguia
O IESP Pedra da Aguia volveuse converter nun pequeno Parlamento Galego

O IES máis europeo de Galicia continuando artellando actividades singulares arredor do mundo da política. Este pasado xoves recibían unha visita especial, que se repite dende fai unha década. Tres exdeputados do Parlamento Galego achegáronse este xoves ao IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto para explicar o funcionamento da institución a alumnos de 3º da ISO.

Anxo Mesa (PPG), Marisol Soneira (PSdG) e Xesús Veiga (BNG), colaboradores xa veteranos do centro, puxeron en valor o papel que desempeña a institución parlamentaria, non só porque é onde está representada a soberanía popular, senón porque é a alma que fai posible co seu normativa a convivencia entre todos os galegos.
Afondaron na vontade positiva da maioría dos políticos e celebraron a cantidade de forzas políticas, e a creación de pactos no goberno central. Tamén houbo referencias ao poder xudicial, moi de actualidade estes días, auténtico garante da interpretación e o cumprimento das leis, da súa necesaria independencia e do respecto que merecen.

Visita de exdeputados ao IES Pedra da Aguia

A charla e o posterior coloquio alargáronse máis do debido polo interese suscitado entre os alumnos e porque as preguntas que tiveron que responder os conferenciantes foron moitas e de temas variados. De feito, o alumnado non pasou por alto temas tan actuais como a España (e a Galicia) baleirada, a irrupción con forza de partidos como Vox, a violencia de xénero ou os pactos do novo Goberno central. Suscitáronse ademais, preguntas máis próximas como a vida diaria dun parlamentario, si é difícil estar e manterse aí malia a mala fama que arrastra a clase política ou si sentíanse orgullosos de ser deputados.

Así completouse unha das primeiras actividades que este novo grupo de pequenos euroembaixadores junior, que en abril visitarán Bruxelas para coñecer de cerca as institucións comunitarias.

Tres exdipiutados

Novas relacionadas

comentarios