Martes. 08.10.2024
El tiempo

Fotodenuncia: O cemiterio de quen?

Fotodenuncia: O cemiterio de quen?

Con esta imaxe, queremos denunciar o penoso estado de conservación de cantidade de carteis informativos sobre o noso patrimonio que atopamos nesta ruta e outros moitos puntos de interese da Costa da Morte.

Se a semana pasada nos disgustábamos encarecidamente polo estado de coma no que se atopa o Museo de Man, hoxe seguimos rumbo unha das rutas máis fermosas da Costa da Morte: a que nos leva de Arou ao Cabo Vilán atravesando as marabillas da Ensenada do Trece.

Unha parada obrigatoria é o Cemiterio dos Ingleses. Obrigatoria sobre todo para os milleiros de visitantes europeos que cada ano fan procesión para este lugar símbolo dos naufraxios da nosa bisbarra.

Con todo, os visitantes que queiran saber que pasou aqueles días non o terán fácil. Para lela información non son suficientes nin unhas boas gafas.

Novas relacionadas

Comentarios