Galería do #SanXoán pola Costa da Morte

Menudo San Xoán que temos na Costa da Morte. Cada ano vai a máis esta festa milenaria, onde a maxia se confunde coa troula. A pasada noite de San Xoán, milleiros de veciños invadiron ducias de praias por toda a contorna para espantarmos as meigas que nos perseguen ao longo do ano. Unha noite para esquecelos malos aires, que xa liberamos pola mañá ca auga das 7 herbas de San Xoán.

Facemos un percorrido polas redes sociais visitando as praias de toda a volta, e de paso facemos parada en Carballo, onde continúan cun completo programa de actividades, despois do sempre esperado concurso de Cachelas.

De cacharelas a lumaradas

Imos dende a Lumarea de Camariñas con guiño encaixeiro, ata a Larada do Ézaro; da cachela do Pindo, ata a Lumarada de Fisterra; da sardiñada de Corcubión ata a noite dos Encantos de Malpica; da cachela da Pereiriña á cacharela do Castelo, ou á de Sardiñeiro…

O Concurso de Cachelas de Carballo

É sempre unha das citas esperadas e os veciños non defraudan. Menudas obras de arte as que fan os veciños de todo o Concello, dende as rúas do centro carballés, pasando pola Milagrosa ou o Sisto.

Tívool complicado o xurado con 14 cachelas espectaculares e tremendamente orixinais. Os gañadores do concurso de #‎cachelas do #‎SanXoánCarballo:

1° premio - Torre Infiel

A trunfadora da noite foi esta "Torre Infiel" feita con tubos de cartón na Rúa Chopos. Os seus creadores acadaron o 1º premio, dotado con 600 €.

2° - A Granxa

No Sisto montaron unha Granxa completa e levaron un premio de 250€.

3° - Moto GP

En San Lois houbo campionato de "Moto GP", levando un premio de 175 €.

4° O Muíño do Quixote

O Muíño, que funciona e todo, levou un premio de 125€.

Accésit, A noria (125 €)

Nunha parcela da rúa Buxos atopamos a outra "Noria do San Xoán". Os seus creadores inspiráronse na atracción estrela que hai este ano no San Martiño e, salvando as distancias, a verdade é que case daba o pego.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).