Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Polo San Xoán, a chuvia case molla o pan

Polo San Xoán, a chuvia case molla o pan
Lumarada de San Xoan en Sardineiro

Menuda tarde a de onte. Eran as 18:00-19:00h e os lóstregos amenazaron a (case) noite máis curta e máxica do ano. Pero houbo sorte, a tormenta pasou e deixou espazo para que a festa do lume se desenvolvese con alegría.

A Costa da Morte leva anos subíndose ao carro desta festa meiga, que serve para celebrar a chegada do solsticio de verán. I é que a noite máis curta do ano foi a do sábado 21, cando entrou o verán. Pero como todas as festas paganas na súa orixe, o cristianismo acolleu a festa e a acomodou ao seu calendario, incluíndo o costume de prender cachelas a noite do día 23 polo nacemento de San Xoán Bautista na mañá do 24.

San Xoan no Ezaro-Foto-OviovaR A Lumarea de Camarinas-Foto-Joaquin Canosa
Polo San Xoan a Sardina molla o pan-Foto-Marta Rey

E finalmente, puidéronse prender as parriladas antes de nada, para comezar a sardiñada, xurelada, churrascada ou verdulada. Foi a sardiña, que estaba algo careira como non podía ser doutro xeito, chegando mesmo aos 20 €/kilo, a que mollou o pan.

Lugares como O Ézaro, Quenxe, Sardiñeiro, Baíñas, Anos, Serres e O Castelo de Muros, Berdeogas, Camariñas, O Esto… prenderon as cachelas, cacharelas, lumareas, chascas, fogueiras… para o disfrute de pequenos, medianos e maiores. Cada un ca súa festa.

Concurso de cachelas

Cachelas de Carballo premiadas

Fantástico e tremendamente orixinal o Certame de Cachelas do San Xoán Carballés. O primeiro premio foi para unha fantástica réplica dunha fervenza que fixeron no Rego Lamoso. O segundo premio foi para "David contra Goliat", dedicado ás persoas afectadas polas preferente. O terceiro premio tirou de ironía para facer un santuario de Muxía, unha outra vez afectado polas lapas... E o cuarto foi para a xente do Club Ciclista Placasa.

E veña herbas

Non faltou a queimada con conxuro e todo, e pola mañá, a limpar a cara coas 7 herbas de San Xoán que xa deixamos prepararadas do día anterior.

Que veña o seguinte!!

Herbas-de-San-Xoan

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios